O pleno do concello de Baleira aproba por unanimidade a moción presentada polo BNG relativa á limpeza de cunetas e roza de cruzamentos e bifurcacións de pistas, camiños e estradas de competencia municipal

Tino Díaz, portavoz do BNG en Baleira “ a desidia e abandono deste concello débese a nefasta planificación do traballo e ás decisións políticas do alcalde, o cal non planifica o cadro de persoal necesario para eses traballos”

O pleno do concello de Baleira aproba por unanimidade a moción presentada polo BNG relativa á limpeza de cunetas e roza de cruzamentos e bifurcacións de pistas, camiños e estradas de competencia municipal

Baleira, 3 de agosto 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Baleira denunciou que na maioría das pistas do concello resulta imposible que se crucen dous coches, tendo que parar obrigatoriamente un deles para que poida pasar o outro debido á invasión da maleza. Ademais disto, tanto nas curvas un pouco pechadas coma nos cruces, a visibilidade é practicamente nula, o que provoca situacións constantes de perigo que poden provocar un accidente en calquera momento. O portavoz nacionalista explica: “O BNG de Baleira denunciou o estado de abandono no que se atopa o concello de Baleira debido á desidia do alcalde e ao total abandono de funcións que o alcalde fai neste concello”

O nacionalista pediu a través dunha moción que se programen limpezas periódicas das cunetas das vías municipais, facendo un especial fincapé nas zonas que poden representar un perigo para a circulación, que se proceda, o antes posíbel, á limpeza de maleza das inmediacións de todos os cruzamentos e bifurcacións existentes nas vías de competencia municipal, que se inclúan nos orzamentos do ano 2023 as partidas económicas necesarias para facer fronte aos gastos que poidan ter estas actuacións, que se solicite á Xunta de Galiza e á Deputación de Lugo a limpeza da maleza en todas as vías que son da súa competencia.

Todo isto foi aprobado por unanimidade polo Pleno do Concello “a chegada do BNG ao Concello de Baleira obriga ao Concello a moverse e a traballar por e para a veciñanza e así saír duns anos de desidia e desleixo no que este goberno estaba instalado” sinala o portavoz municipal

Díaz sinala: “A falta de hixiene nas cunetas entulladas e as beiras das pistas feitas unha selva afectan directamente á veciñanza, transmiten unha imaxe negativa do noso concello. Tod@s pagamos por ter un concello limpo e ben coidado.”