"SEGUIMOS TRABALLANDO NA RENOVACIÓN DAS LUMINARIAS NAS PRINCIPAIS RÚAS DA CIDADE E NOS BARRIOS PARA ACADAR UNHA MAIOR LUMINOSIDADE E EFICIENCIA", DIXO ARROXO
Rubén Arroxo anuncia a renovación de luminarias no barrio Feixoo
Os traballos consisten na renovación das luminarias situadas nas rúas río Cabe, río Támoga, río Avia e Perpetuo Socorro
"Seguimos traballando na renovación das luminarias nas principais rúas da cidade e nos barrios para acadar unha maior luminosidade e eficiencia", dixo Arroxo
Lugo, 03 de agosto de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou da contratación da obra renovación das instalacións de
alumeado público situadas no Barrio Feixoo, concretamente ao paso das rúas río Cabe, río Támoga, río Avia e Perpetuo Socorro.
Rubén Arroxo indicou que a obra comezará na vindeira semana, "mantendo a estrutura actual, renovando as luminarias por LEDs de baixo consumo". As novas luminarias permiten, segundo explicou Rubén Arroxo " incrementar o aforro nas horas nas que o tráfico rodado e peonil é baixo". Este cambio, declarou, "permite unha boa capacidade lumínica reducindo as emisións de substancias contaminantes emitidas á atmosfera pola rede de alumeado público da cidade".
Desde a Goberno de Lugo continúase priorizando a atención aos barrios "investindo na renovación da rede de alumeado, con distintos proxectos postos en funcionamento por toda a cidade aplicando criterios como o aforro e a eficiencia enerxética", remarcou Rubén Arroxo.