Maite Ferreiro presenta a tempada 2022 - 2023 da Sociedade Filarmónica de Lugo

”Desde a área de Cultura do concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo”, afirmou Maite Ferreiro

Celebraranse 11 concertos entre o 22 de setembro de 2022 e o 3 de maio de 2023

Maite Ferreiro presenta a tempada 2022 - 2023 da Sociedade Filarmónica de Lugo

Lugo, 15 de setembro de 2022.  A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou hoxe na presentación da nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo. Hoxe presentáronse os 11 concertos da tempada, que terán lugar no Círculo das Artes entre o vindeiro 22 de setembro e o 3 de maio de 2023.

Maite Ferreiro lembrou que “desde a área de Cultura continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional” e engadiu “o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo”.

A programación desta tempada conta con 11 concertos, achegando a Lugo a músicos destacados a nivel galego, estatal e internacional. Desde a Sociedade Filarmónica de Lugo cóntase coas tres agrupacións máis importantes de Galiza, con concertos da Real Filharmonía de Galiza, a Orquestra Sinfónica de Galiza ou a Orquestra Sinfónica Vigo 430.

Todos os concertos do ciclo terán lugar no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h. A programación completa pode consultarse na web da Sociedade Filharmónica de Lugo.

Maite Ferreiro presenta a tempada 2022 - 2023 da Sociedade Filarmónica de Lugo