Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reciben no Concello a Rubén Paz, escollido segundo mellor muralista do mundo

O muralista lucense foi escollido segundo mellor muralista pola maior comunidade mundial de arte urbano

Ferreiro confirmou que o Espazo Hip Hop e o Sanfroidance volverán un ano máis á gran festa do outono galego

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reciben no Concello a Rubén Paz, escollido segundo mellor muralista do mundo

Lugo, 14 de setembro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo recibiron ao muralista lucense Rubén Paz, autor dun mural na rúa Camiño de Pipín que vén de ser escollido como o segundo mellor mural do mundo no mes de agosto pola plataforma Street Art Cities, a maior comunidade mundial de arte urbano.

 

Maite Ferreiro explicou que “desde a área de Cultura quixemos recoñecer o traballo dun veciño de Lugo que está a axudar a consolidar ao concello de Lugo como unha cidade que aposta polo muralismo e polo arte urbano”.

 

San Froilán 2022

A concelleira de Cultura confirmou a volta do Espazo Hip Hop e do Sanfroidance á gran festa do outono galego deste ano. “Trátase de dúas actividades que contan cunha gran aceptación entre a veciñanza, e que un ano máis volven ter un espazo destacado no programa do San Froilán”, afirmou Maite Ferreiro.

Espazo Hip Hop.

Este evento xurdiu para axudar a difundir o talento lucense e galego, e un ano máis apóstase por continuar na mesma liña, apostando polos distintos artistas autóctonos. Na Galiza contamos co maior talento en producción deste xénero a nivel nacional, e somos referencia neste eido a nivel internacional. Con esta proposta apóstase por un espectáculo que combine distintas disciplinas, isto desemboca nun espectáculo único.

 

Actividades:

 

Batalla de Galos:

Son eventos basados na capacidade de improvisación sobre unha base instrumental aleatoria na que se argumenta de forma versada que gozan de moita popularidade.

16 participantes e un DJ, con distintas modalidades como temáticas e estímulos para os participantes.

 

Actuación baile e graffiti:

A música urbana é unha cultura e como tal ten distintas disciplinas.

Contarase coa actuación dun grupo da escola de Stardance, axudando así a promoción da cultura e do arte local. Búscase involucrar a escolas e entidades locais para dar visibilidade o gran traballo que realizan.

Trataráse dunha actuación de baile cun grupo de graffiti realizando unha obra en directo. A actuación de baile e o graffiti comezarán e rematarán a mesma vez. A temática do graffiti será o San Froilán e a música urbana.

 Concertos:

Actuacións de:

Israel B e Lowlight

Sendo unha das referencias dentro da música urbana a nivel nacional e internacional. Conta cunha popularidade desmesurada a nivel nacional desde que formou parte do grupo ''Takers'' ata independizarse musicalmente.

YNGZ.

O Pirata.

A. Carisma.

MKP Crew.

 

Sanfroidance:

8 DE OUTUBRO DE 2022 DE 18 A 02 HORAS COAS ACTUACIÓNS

DOS SEGUINTES ARTISTAS.;

ARTISTAS

* SELECTA BOB FIGURANTE (Syricly Roots – Portugal) 

* KUSSONDULOLA SOM SISTEMA (Reggae – Portugal) 

* ESTEBAN PEREZ (Freestyle music – Tenerife)

* CHACHO BRODAS (Dj Griffi “Solo los Solo” + Mbaka Oko + Juli Giuliani) (Hip Hop - Cataluña)

* OPOLOPO (Funky House - Hungría) 

* KI-ART (Visuales - Lugo)

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reciben no Concello a Rubén Paz, escollido segundo mellor muralista do mundo