FERREIRO LEMBROU QUE "ESTE VENRES COMEZAN AS VISITAS GUIADAS AO NOVO AUDITORIO, ABRINDO ESTA INSTALACIÓN A TODAS E TODOS OS LUCENSES"

Maite Ferreiro recibe a integrantes de Bengala Teatro Físico, unha nova compañía teatral lucense


Ferreiro desexou a esta agrupación "un bo futuro" e afirmou que "as instalacións de Lugo estarán sempre abertas para o tecido cultural da cidade"

Bengala Teatro Físico estreará o seu espectáculo o vindeiro día 16 no Auditorio Fuxan os Ventos

Ferreiro lembrou que "este venres comezan as visitas guiadas ao novo auditorio, abrindo esta instalación a todas e todos os lucenses"

Maite Ferreiro recibe a integrantes de Bengala Teatro Físico, unha nova compañía teatral lucense



Lugo, 05 de febreiro de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu no concello a integrantes de Bengala Teatro Físico, nova compañía profesional de teatro creada en Lugo, que o vindeiro sábado estrearán a súa primeira obra, "en carne viva" na sala pequena do auditorio Fuxan os Ventos. Maite Ferreiro destacou a importancia deste evento, "que non só nos amosará o traballo dunha nova compañía teatral da nosa cidade, senon que será a primeira das actividades que terán lugar na sala pequena do Fuxan os Ventos".

A representación de "en carne viva" terá lugar a partir das 20h no Auditorio Fuxan os Ventos o vindeiro sábado, 16 de febreiro. A Compañía prepara tamén unha residencia no novo auditorio. Bengala teatro físico está formada por artistas multidisciplinares que conxugan as súas diversas perspectivas e disciplinas artísticas cara un mesmo obxectivo: reflexionar a través da arte, aspirando a ser paridoras de preguntas.

Ferreiro desexou "un bo futuro" a esta compañía, e lembrou que este venres, 7 de febreiro, comezan as visitas guiadas ao Auditorio Municipal Fuxan os Ventos. A edil de Cultura destacou o "gran éxito" da convocatoria, cun total de 180 persoas inscritas. "Abrimos as portas desta instalación para que todas e todos os lucenses que o desexen poidan coñecer as partes dun teatro que habitualmente non se poden ver".

A Tenencia de Alcaldía organiza 6 visitas guiadas a esta instalación, que terán lugar o 7 de febreiro (20:00), 8 de febreiro (12.30), 14 de marzo (20:00), 15 de marzo (12.30), 28 de marzo (20:00) e 29 de marzo (12.30). Cada unha das visitas terá a cabida limitada a 20 persoas. Para reservar praza, será preciso enviar un correo a [email protected] ou chamar ao 982 297 350 en horario de 8:30 a 15:00 de luns a venres.

Maite Ferreiro recibe a integrantes de Bengala Teatro Físico, unha nova compañía teatral lucense