OS DOUS DÍAS DA INFANCIA O RECINTO FEIRAL ABRIRÁ CON PREZOS REDUCIDOS DE 3€ POR VIAXE NAS ATRACCIÓNS PARA ADULTOS, E 2.50€ NAS DE NENAS E NENOS
Maite Ferreiro: "O recinto feiral abrirá o 13 e o 14 de outubro despois de escoitar a solicitude das e dos barraquistas"
A comisión de festas aprobou a proposta do sector, ampliando un día máis a apertura do feiral con prezos reducidos
Os dous Días da Infancia o recinto feiral abrirá con prezos reducidos de 3€ por viaxe nas atraccións para adultos, e 2.50€ nas de nenas e nenos
Lugo, 06 de outubro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que recinto feiral abrirá un día máis con prezos reducidos. "Celebraremos dous días da infancia despois de escoitar a proposta das e dos empresarios do sector, permitindo que o recinto feiral prolongue a súa estancia dúas xornadas máis a cambio de ofrecer prezos reducidos nos distintos postos", explicou Maite Ferreiro.
A proposta supón ampliar a apertura dos postos do recinto feiral, ofrecendo un prezo reducido de 3€ por viaxe nas atraccións para persoas adultas e de 2.50€ nas atraccións infantís.
Maite Ferreiro afirmou que "o San Froilán 2023 está a ser un gran éxito e desde o Concello de Lugo queremos facilitar que toda a veciñanza poida desfrutar das festas independentemente da súa situación económica".