A MOSTRA CONTÉN UNHA SELECCIÓN DE 49 PINTURAS AO ÓLEO E ACUARELAS DO PINTOR LUCENSE

Maite Ferreiro inaugura a exposición 'Máis aló do tempo' de Jesús Lázare, que estará dispoñible no Vello Cárcere ata o 30 de novembro

IMG-20231003-WA0002

A mostra contén unha selección de 49 pinturas ao óleo e acuarelas do pintor lucense

A compilación de fotografías sitúase na 2ª planta correspondente ás Celas de homes

Maite Ferreiro inaugura a exposición 'Máis aló do tempo' de Jesús Lázare, que estará dispoñible no Vello Cárcere ata o 30 de novembro

 

                          

Lugo, 03 de outubro de 2023. A concelleira Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, inaugurou esta tarde a mostra Máis aló do tempo, unha compilación de obras do pintor lucense Jesús Lázare

Maite Ferreiro indicou "a este pintor coñecémolo pola súa magnífica obra", e destacou que "os seus pinceis expresan o excepcional caudal da súa arte".

Os rostros de Lázare son inocentes, doces e fortes á vez, galegos sempre. A súa obra é racialmente galega, e fai xustiza á terra e ás xentes, aos devanceiros e a el mesmo, deixando constancia do aprendido na gran escola do vello rural.

A mostra pode visitarse no Vello Cárcere, , no espazo correspondente á segunda planta das celas de homes, ata o vindeiro 30 de novembro.

 

 

Jesús Lázare

Aos oito anos da súa presentación artística en Madrid, Lázare (Jesús López Lázare. Lugo, 1960), expón no Vello Cárcere para volver facer partícipes ás e aos lucenses dos avances no seu concienzudo traballo.

As obras son actuais pero a temática, a fonte, afonda na profundidade do pasado, xa que Lázare aínda viviu tempos nos que a oralidade era esencial, e dos seus avós soubo da Galicia cada vez máis distante pola separación que van marcando a desmemoria, a modernidade mal entendida cando non se comprende que o verdadeiramente valioso é poñer en valor a cultura que herdamos.

Maite Ferreiro inaugura a exposición 'Máis aló do tempo' de Jesús Lázare, que estará dispoñible no Vello Cárcere ata o 30 de novembro