MAITE FERREIRO ANUNCIOU QUE O DÍA 6 DE OUTUBRO ENTRE AS 17 E AS 19 HORAS, O RECINTO FEIRAL REDUCIRÁ O RUÍDO PARA GARANTIR A ACCESIBILIDADE DAS PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL

O San Froilán celebrará o Día Mundial da Parálise Cerebral en colaboración con Aspace

IMG_0018 (3)

Maite Ferreiro anunciou que o día 6 de outubro entre as 17 e as 19 horas, o recinto feiral reducirá o ruído para garantir a accesibilidade das persoas con parálise cerebral

O posto de información turística da praza Maior contará con cascos antirruído, "unha inciativa que cada ano permite a nenos e nenas con TEA e TCS poidan desfrutar das festas"

O San Froilán celebrará o Día Mundial da Parálise Cerebral en colaboración con Aspace

 

 

Lugo, 05 de setembro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o San Froilán participará nos actos que se realizan co gallo do Día Mundial da Parálise Cerebral, que se celebra anualmente o 6 de outubro. Maite Ferreiro presentou, xunto con representantes de ASPACE, a iniciativa que se executará nas festas "co obxectivo de que todas as veciñas e veciños poidan desfrutar por igual do San Froilán".

Os distintos postos do Recinto Feiral do San Froilán reducirán o ruído entre as 17 e as 19 horas do 6 de outubro, "con isto permitimos que todas as persoas poidan desfrutar das festas independentemente de se presentan hipersensibilidade aos estímulos", explicou a edil de Cultura.

Maite Ferreiro destacou que "hai persoas que non poden desfrutar das festas debido á súa sensibilidade á música alta, ou aos estímulos dos distintos postos, e que deste xeito poderán achegarse e ser parte da gran festa do outono galego".

Ferreiro anunciou tamén a colaboración da área de Cultura coa asociación Raiolas. O posto de información turística da praza Maior contará con cascos antirruído, "unha iniciativa que cada ano permite ás nenas e nenos con TEA e TCS desfrutar do San Froilán", explicou a edil de Cultura, que engadiu "as persoas con mobilidade reducida contarán con espazos que garantan a visibilidade nos concertos e nas principais actividades das festas, como o pregón".

O Día Mundial da Parálise Cerebral celébrase este ano baixo o lema Nacín para Vivir a Vida, e busca transmitir a importancia da atención temperá e de como esta repercute na vida adulta das persoas con parálise cerebral.

 
O San Froilán celebrará o Día Mundial da Parálise Cerebral en colaboración con Aspace