CRISTINA LÓPEZ: "POR SEGUNDO ANO, ESTA FEIRA ÚNESE Á AMPLA PROGRAMACIÓN DO SAN FROILÁN, COA INTENCIÓN DE CONSOLIDARSE NUNHA DAS MÁIS IMPORTANTES DO ESTADO"

Rubén Arroxo e Cristina López visita a Feira de Olería Lugo Tradicional, que se poderá visitar en Santo Domingo ata o día 8

A mostra, promovida pola Concellería de Participación e a Vicepresidencia da Deputación, reúne a 14 artesáns de todas as zonas do estado

Cristina López: "Por segundo ano, esta feira únese á ampla programación do San Froilán, coa intención de consolidarse nunha das máis importantes do estado"

Rubén Arroxo e Cristina López visita a Feira de Olería Lugo Tradicional, que se poderá visitar en Santo Domingo ata o día 8

Lugo, 05 de outubro de 2023  O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto coa concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, visitou a feira de olería Lugo Tradicional, que por segundo ano se celebra na praza de Santo Domingo. A mostra, que se poderá visitar ata este domingo, reune unha importante colección de olería tradicional de Galiza e outras zonas do Estado.

A concelleira Cristina López explicou que "desde o Goberno de Lugo organizamos esta feira co obxectivo de consolidala como unha das máis feiras relevantes en todo o Estado no eido da olería" e engadiu "esta mostra súmase á ampla programación do San Froilán, achegando máis contidos culturais á gran festa do outono galego".

A Feira de Olería Lugo Tradicional conta con 14 artesáns e artesás que representan algunhas achegados de Galiza e de distintas zonas do Estado: Bonxe (Lugo), Gundivós (Lugo), Tioira (Ourense), Buño (A Coruña), Moveros de Aliste (Zamora), Pereruela (Zamora), Arroyo de la Luz (Cáceres), Salvatierra de los Barros (Badajoz), Talavera de la Reina (Toledo), Puertollano (Ciudad Real), La Rambla (Córdoba), Bailén (Jaén), Úbeda (Jaén) e  Ribesalbes (Castellón).

Rubén Arroxo e Cristina López visita a Feira de Olería Lugo Tradicional, que se poderá visitar en Santo Domingo ata o día 8