Maite Ferreiro reúnese coa directiva do Círculo das Artes para “avaliar a programación conxunta de cara aos vindeiros meses”

As instalacións do Círculo acollen importantes ciclos cos que colabora o Concello, como a Semana do Jazz ou a Semana da Música do Corpus

A edil de Cultura destacou “a implicación do Círculo das Artes coa actividade cultural”

Maite Ferreiro reúnese coa directiva do Círculo das Artes para “avaliar a programación conxunta de cara aos vindeiros meses”

Lugo, 15 de febreiro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, reuniuse coa directiva do Círculo. Maite Ferreiro valorou positivamente “a implicación do Círculo na vida cultural de Lugo”, e destacou a colaboración que desde esta institución se mantén coa área de Cultura á hora de acoller actividades “como a semana do Jazz ou a Semana de Música do Corpus”.

A concelleira de Cultura e a directiva do círculo avaliaron a programación conxunta de cara aos vindeiros meses, que contará con “actividades culturais diversas para que todas as persoas poidan acceder a un ben de primeira necesidade como é a cultura”, explicou Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro destacou a programación cultural de Lugo, “unha programación ampla e diversa, con contidos de calidade recoñecidos por diversos premios a nivel galego, estatal e internacional, e cunha gran selección de actividades durante todo o ano”.

Maite Ferreiro reúnese coa directiva do Círculo das Artes para “avaliar a programación conxunta de cara aos vindeiros meses”