Rubén Arroxo entrega os premios do XXVII certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo premia a cinco estudantes de Lugo
Arroxo: "apoiamos a creación literaria das mozas e mozos, e a súa inclusión na vida cultural"
O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que contan con tres premios cada unha. Cada unha das persoas gañadoras recibirá un diploma e un lote de libros, ademais de premios de distintos valores segundo as categorías.
Na categoría de 12 a 14 anos, a gañadora, que recibe un premio valorado en 200€, foi Laura González Blanco, do Colexio Divino Maestro. Na categoría de 15 a 18 anos, Lucía Domínguez Pereira, do Colexio Divino Maestro, recibe o maior premio, valorado en 250€, seguida de Sara Méndez Seijo, do IES Ánxel Fole, con 130€, e con Laura Iglesias Primo, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, na terceira posición, cun premio de 100€. Ademais, entregouse un accésit a Carla López Otero, do IES A Pinguela de Monforte.