O BLOQUE REALIZOU NA PRAZA DAS MULLERES UN ACTO PÚBLICO ONDE CONTOU COAS INTERVENCIÓNS DE MAR PÉREZ, Nº3 NA CANDIDATURA AS ELECCIÓNS EUROPEAS, MONTSE VALCÁRCEL, DEPUTADA NO PARLAMENTO GALEGO E CONSTANTINO ALVITE "TINO", PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG EN VILALBA

Mar Pérez: "É imprescindibel que o BNG teña representación no Parlamento Europeo para defender os sectores económicos fundamentais para a comarca como o sector agrogandeiro "

O Bloque realizou na praza das mulleres un acto público onde contou coas intervencións de Mar Pérez, nº3 na candidatura as eleccións europeas, Montse Valcárcel, deputada no Parlamento Galego e Constantino Alvite "Tino", portavoz municipal do BNG en Vilalba

Mar Pérez: "É imprescindibel que o BNG teña representación no Parlamento Europeo para defender os sectores económicos fundamentais para a comarca como o sector agrogandeiro "

 

Vilalba, 25 de maio 2024.- O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba realizou un acto público aberto na praza das Mulleres da localidade no que deu a coñecer as iniciativas de futuro no marco do programa electoral do BNG para as vindeiras eleccións europeas do 9 de xuño.

Contou coas intervencións do portavoz municipal, Constantino Alvite , a deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel e a nº 3 da candidatura ás eleccións europeas Mar Pérez.

Mar Pérez puxo o acento na importancia de "ter voz propia" na Eurocámara. "Sen o BNG non se levan demandas propias do noso páis é asi de claro".A gandería de leite e carne de vacún é un bo exemplo. "Só o BNG defende en Bruxelas unha política agraria xusta para as gandeiras e os gandeiros do noso país, mentres o PP e o PSOE veñen defendendo unha política agraria lesiva para Galiza"

O Bloque ten propostas de futuro e achega propostas para construír unha Galiza mellor e para defender ao noso país", subliñou Pérez. Neste sentido, sinalou que dar voz nas institucións europeas ou sector agrogandeiro, ás enfermeiras en loita e ás afectadas pola macrocelulosa que o PP quere instalar en Palas de Rei, son algúns do exemplos que a candidata do BNG puxo como exemplo do traballo do Bloque na Eurocámara

Segundo explicou Mar Pérez, "co noso traballo aspiramos a ser a voz de Galiza en Europa e mellorar a vida das persoas para atopar solucións, para reducir as desigualdades, para combater a discriminación, para facer e deixar un mundo mellor". Ademais, Mar subliñou que un obxectivo inalienable do BNG é "defender os intereses do Pobo galego fronte aos lobis que buscan espoliar os nosos recursos e que os fondos europeos non se malgasten" como quere facere o PP coa macrocelulosa de Palas de Rei.

Mar Pérez: "É imprescindibel que o BNG teña representación no Parlamento Europeo para defender os sectores económicos fundamentais para a comarca como o sector agrogandeiro "