O TENENTE ALCALDE DESTACOU A COLABORACIÓN DA TENENCIA DE ALCALDÍA COA DXT "PARA ACHEGAR ESTA FORMACIÓN AOS CENTROS DE ENSINO DE XEITO GRATUÍTO"

Preto de 300 estudantes de 6 colexios de Lugo recibirán formación en educación viaria ata final de curso


Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron o PIT, onde comezaron as formacións para as e os escolares de Lugo

O Tenente Alcalde destacou a colaboración da Tenencia de Alcaldía coa DXT "para achegar esta formación aos centros de ensino de xeito gratuíto"

Preto de 300 estudantes de 6 colexios de Lugo recibirán formación en educación viaria ata final de curso



Lugo, 24 de maio de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron as instalacións do Parque Infantil de Tráfico ubicado no Parque da Milagrosa, onde veñen de comezar os cursos de educación viaria para escolares postos en marcha pola Tenencia de Alcaldía en colaboración coa DXT. Maite Ferreiro anunciou que ata o remate do curso escolar "preto de 300 estudantes recibirán formación en seguridade viaria no PIT, unha instalación que permite simular diferentes situacións sobre mobilidade e tráfico".

"Coa posta en marcha destes cursos recuperamos o funcionamento do PIT e traballamos na formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación", afirmou Maite Ferreiro, que engadiu "de cara aos vindeiros cursos continuaremos a traballar para chegar a todos os centros de ensino que o desexen e traer a esta instalación ao maior número de estudantes posible"

A Tenencia de Acaldía e a DXT traballarán para "achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar tamén aos centros de ensino".

Preto de 300 estudantes de 6 colexios de Lugo recibirán formación en educación viaria ata final de curso