O Mercado Tradicional volve ao soto da praza de Abastos

Cristina López destacou que "despois de rematarse os traballos de reforma do soto, a veciñanza pode desfrutar da totalidade da contorna da Praza e do Mercado completamente renovados"

O Mercado Tradicional volve ao soto da praza de Abastos

Lugo, 08 de outubro de 2021.  A concelleira de Participación, Cristina López, xunto co Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e concelleiras e concelleiros das áreas da Tenencia de Alcaldía visitaron esta mañá o soto da praza de Abastos, que acolleu a primeira edición do Mercado Tradicional despois de celebrarse varios meses de xeito provisional na praza da Soidade. Cristina López afirmou que a reforma do soto da praza é “unha mellora das instalacións que permite aumentar a calidade do Mercado Tradicional e acoller novas actividades para continuar a dinamizar a praza de Abastos”.

 

"As distintas accións que se executaron no soto serven para mellorar o espazo e garantir a mellor calidade posíbel nesta instalación", explicou a edil de Participación, que engadiu "damos tamén solución a unha solicitude das praceiras e praceiros moi importante, ademais de permitir un mellor aproveitamento dos espazos destinados á venta".  "Desde a área de Participación continuaremos a promocionar e mellorar a Praza para que toda a veciñanza poida desfrutar dos produtos de primeira calidade e do trato personalizado que se oferta aí", declarou Cristina López.

 

A obra de rehabilitación do soto permitiu mellorar tanto o espazo adicado ao comercio e as zonas comúns "que aínda que non son visitadas pola veciñanza, son moi importantes para as persoas que desenvolven a súa actividade comercial na Praza", afirmou Cristina López. Coa nova distribución, as praceiras e praceiros contan, entre outras melloras, con cámaras frigoríficas de maior tamaño ou de zonas comúns como vestiarios.

O Mercado Tradicional volve ao soto da praza de Abastos