MAITE FERREIRO DIXO “QUE SE TRATA DUN SERVIZO FUNDAMENTAL PARA QUE O CONCELLO POIDA ATENDER A MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO”

“Tres meses para substituír unha traballadora das que dependen os pisos de acollida” denunciou Maite Ferreiro

Para o BNG-AA este é un exemplo máis da nefasta xestión do goberno socialista que “a pesares de existir unha lista de agarda deixaron este posto descuberto durante 3 meses”

“Tres meses para substituír unha traballadora das que dependen os pisos de acollida” denunciou Maite Ferreiro

Lugo, 17 de abril de 2016. A edil do BNG-Asembleas Abertas no concello de Lugo, Maite Ferreiro, denunciou a mala xestión do goberno municipal en relación á substitución dunha das traballadoras encargadas de xestionar e atender os pisos de acollida dos que dispón o concello de Lugo.  Maite Ferreiro dixo “que se trata dun servizo fundamental para que o concello poida atender a mulleres vítimas de violencia de xénero” e cualificou como “unha irresponsabilidade” o feito de que durante 3 meses non se substituíse a unha das persoas responsables de atender os pisos de acollida que se atopa de baixa por enfermidade.

Para o BNG-AA este é un exemplo máis da nefasta xestión do goberno socialista que “a pesares de existir unha lista de agarda deixaron este posto descuberto durante 3 meses”. Ferreiro explicou que “a pesares de que administrativamente e buracraticamente está perfectamente definido o mecanismo para efectuar a substitución destas traballadoras cando están de baixa, a incompetencia do goberno permitiu que o posto estivera descuberto durante 3 meses”.

Maite Ferreiro sinalou que existe un informe asinado pola xefa do servizo de persoal, con data do 24 de agosto, no que xa se da conta da necesidade de cubrir esta baixa e informou que “non se asina o decreto para iniciar os trámites da contratación da nova traballadora ata o 10 de novembro”. A edil do BNG-AA incidiu en que “paradoxicamente o propio decreto, asinado polo concelleiro responsable de persoal, di literalmente que cómpre proceder á contratación de xeito urxente”.

Nos propio decreto explicítase que se trata “dun servizo que permanece aberto as 24 horas do día, os 365 días do ano” e que “é necesario dispoñer de persoal municipal adscrito ao centro de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero e cubrir as correspondentes baixas”. No mesmo documento dise que “non dispoñer de persoal conlevará e afectará ao funcionamento dos pisos de acollida e á atención urxente ás mulleres en situación de risco”
 

“Tres meses para substituír unha traballadora das que dependen os pisos de acollida” denunciou Maite Ferreiro