O BNG XA SOLICITOU UNHA VISITA ABERTA AO TECIDO ASOCIATIVO-CULTURAL NO PASADO MES DE ABRIL E A CORPORACIÓN APROBOU POR UNANIMIDADE UNHA PROPOSTA DO BNG NESTE MESME SENTIDO

Olalla Rodil dirixiuse ao novo xefe territorial da Xunta para solicitar unha visita ao edificio do novo auditorio

IMG_1035
Olalla Rodil e Maite Ferreiro ante o rexistro da Xunta de Galiza en Lugo

“Agardamos que o sr. Balseiro demostre unha actitude diferente e permita coñecer este edificio ás persoas que traballan pola cultura en Lugo” afirmou Olalla Rodil

Olalla Rodil dirixiuse ao novo xefe territorial da Xunta para solicitar unha visita ao edificio do novo auditorio

Lugo, 18 de novembro de 2016. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, e a edil do BNG - Asembleas Abertas no concello de Lugo, Maite Ferreiro, rexistraron unha solicitude ante o novo xefe territorial da Xunta de Galiza para solicitar unha visita ao edificio do novo auditorio de Lugo. “Agardamos que o sr. Balseiro demostre unha actitude diferente e permita coñecer este edificio ás persoas que traballan pola cultura en Lugo” afirmou Olalla Rodil e lembrou que en abril houbo unha visita do presidente da Xunta á que somentes asistiron representantes de institucións, do PP e do PSOE.
Pola súa banda, Maite Ferreiro lembrou que no pleno municipal do mes de abril aprobouse, por unanimidade, unha iniciativa do BNG na que se pedía que se convidara a visitar a persoas e colectivos vencellados ao mundo da cultura. Ferreiro explicou que “queremos que o propio concello de Lugo promova ou inste á Xunta de Galiza a facer unha xuntanza e posterior visita cos colectivos e entidades lucenses que traballan no eido da cultura, para dar a coñecer as características do novo auditorio e as dotacións que posúe neste momento para que toda a xente que traballa pola cultura poida coñecer esta nova dotación”.

O pasado 20 de abril o presidente da Xunta, acompañado da alcaldesa e de varios ediles do partido popular e do PSOE, visitaron o novo edificio do auditorio. A esta visita non foron convidadas outras institucións, entidades e colectivos que traballan na cultura e pola cultura neste concello e nesta provincia. Tampouco foron convidados os grupos políticos elixidos polas veciñas e veciños de Lugo para representalos nesta corporación municipal. “O edificio do novo auditorio de Lugo está practicamente rematado 12 anos despois de que o anterior alcalde de Lugo e quen agora é presidente da Xunta de Galiza asinaran un convenio para a construción dun auditorio na cidade de Lugo, pero sigue pechado á cidade” dixo a parlamentaria do BNG-AA.

Os nacionalistas reclaman, tamén, que o goberno municipal, dacordo co departamento correspondente da Xunta de Galiza, analicen e definan o equipamento necesario para permitir a apertura do novo auditorio e, unha vez definido, se traslade esta información ós colectivos e entidades culturais da cidade para contrastar a súa idoneidade. “É necesario que se establezan os necesarios cauces de comunicación entre o concello de Lugo e o tecido asociativo para analizar como se vai se vai a realizar a xestión dos novos espazos culturais dependentes do concello de Lugo” concluíu Ferreiro e engadiu “tanto o proxecto desta obra, como o desenvolvemento das obras, estiveron sempre rodeados dun absoluto escurantismo que impediu coñecer cal ían ser os contidos deste edificio,  a distribución de espazos e a finalidade de uso do mesmo” 
 

Olalla Rodil dirixiuse ao novo xefe territorial da Xunta para solicitar unha visita ao edificio do novo auditorio