A FENDA ESTÁ SITUADA NUN CUBO DA MURALLA NAS FRONTE AO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALIZA E TEN UNHA CONSIDERABLE LONXITUDE

Rubén Arroxo advirte da presenza de novas fendas na Muralla que poñen en perigo a súa estabilidade estrutural

IMG_1028


“Trátase dunha fenda en sentido vertical que se pode incrementar polo efecto das choivas que viviremos nestes días” sinalou Rubén Arroxo

Rubén Arroxo advirte da presenza de novas fendas na Muralla que poñen en perigo a súa estabilidade estrutural

Lugo, 20 de novembro 2016. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, adevertiu da existencia dunha nova fenda nun cubo da Muralla da Lugo en fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galiza.  Arroxo pediu que se tomen as medidas precisas para evitar un posible derrumbe ou o deterioro desta parte do monumento Patrimonio da Humanidade. “É responsabilidade de todas e todos estar atentos ao coidado e mantemento da Muralla, xa que o símbolo de Lugo e un dos monumentos máis importantes de Galiza” apuntou Arroxo.


O edil do BNG – Asembleas Abertas dixo que este tipo de fendas poñen en perigo a estabilidade estrutural dos cubos nos que aperecen e informou que se trata “dunha fenda en sentido vertical que se pode incrementar polo efecto das choivas que viviremos nestes días”. Rubén Arroxo apuntou á responsabilidade da Xunta de Galiza no mantemento da Muralla e pediu “que se actue con prontitude e dilixencia como é necesario por tratarse dun monumento Patrimonio da Humanidade”. 


Ademais Arroxo aludiu ao perigo para viandantes e vehículos no caso de que se chegue a producir un derrubamento “Non so se trata dos danos que poida sufrir o monumento, en caso de desprendementos tamén podería ocasionar danos sobre persoas ou vehículos”. O lugar no que se atopa a fenda é un lugar moi transitado por peóns e cun importante volume de tráfico rodado.
 

Rubén Arroxo advirte da presenza de novas fendas na Muralla que poñen en perigo a súa estabilidade estrutural