OLALLA RODIL E MAITE FERREIRO SINALARON QUE “ESTE XULGADO DEBERÍA TER UN ÁMBITO PROVINCIAL E ATENDER, CON PERSOAL ESPECIALIZADO, TODOS OS CASOS DOS CONCELLOS LUCENSES”

O BNG presentará iniciativas no concello de Lugo e no Parlamento para pedir un xulgado de violencia de xénero

IMG_1039
Maite Ferreiro e Olalla Rodil diante dos xulgados de Lugo

Lugo é unha das cidades galegas que non conta con este xulgado específico

O BNG presentará iniciativas no concello de Lugo e no Parlamento para pedir un xulgado de violencia de xénero

Lugo, 21 de novembro de 2016. O BNG reclamará no Concello de Lugo e no Parlamento Galego, unha vez máis, a creación dun xulgado específico de violencia de xénero para Lugo. “Esta demanda será plantexada ante todas as institucións” así o explicaron en rolda de prensa Maite Ferreiro, edil do BNG-Asembleas Abertas no concello de Lugo, e Olalla Rodil, parlamentaria do BNG. “É unha demanda que parte de diferentes colectivos de mulleres” explicou Maite Ferreiro e dixo que “tamén compre dotar aos xulgados dunha quenda avogados e avogadas de oficio” explicou que “neste momento non hai quenda específica con profesionais para atender este tipo de casos”.

As nacionalistas explicaron que o BNG xa presentara unha emenda aos orzamentos da Xunta no ano 2015 e o concello de Lugo aprobou unha proposición por unanimidade, nestes mesmo senso, na sesión do mes de febreiro de 2016. Rodil e Ferreiro lamentaron que o goberno da Xunta, nunha das súas primeiras decisións políticas deste mandato, deixara a Lugo sen ningún novo xulgado mentres que si se asignaron ás outras provincias galegas.

Este xulgado terá que dar atención a mulleres de toda a provincia, para que estes casos teñan un tratamento axeitado. Maite Ferreiro precisou que “aínda que esta decisión depende do Consello Xeral do Poder Xudicial, ten que ser a Xunta de Galiza quen faga as xestións necesarias para que esto sexa posible e é fundamental o apoio das administracións locais”. A edil nacionalista lembrou as disparatadas cifras dos casos de violencia de xénero.

Neste momento unicamente as cidades de Vigo e Coruña dispoñen de xulgado específico de violencia de xénero. A posta en marcha deste xulgado en Lugo podería dar cobertura a toda a provincia e compre unha dotación mínima de persoal que inclúe as figuras de xuíz, fiscal, forense, secretario e funcionariado adscrito. Segundo informou Olalla Rodil este xulgado podería atender os casos de violencia: maltrato, acoso e custodia de menores, ademais do seguimento de ordes de alexamento antes e despois do xuízo. Neste momento é o xulgado de instrución nº3 é o que se encarga en Lugo deste tipo de casos aínda que a adxudicación da praza de xuíz foi por orde de traslado pero non se considerou a súa formación neste tema.

O BNG presentará iniciativas no concello de Lugo e no Parlamento para pedir un xulgado de violencia de xénero