O VOCEIRO DO BNG-AA INFORMOU QUE CONTINÚAN AS XESTIÓNS COA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA PARA A CREACIÓN DUN ACCESO PARA O BAÑO NA ZONA DE AS SAAMASAS

“Se no verán de 2017 Lugo ten zona pública de baño será grazas ao BNG-AA” afirmou Arroxo

“O goberno orzamentou 250.000 euros e non fixo nada, ata agora avanzou máis o BNG-AA cun gasto de 21 euros” ironizou Rubén Arroxo

“Se no verán de 2017 Lugo ten zona pública de baño será grazas ao BNG-AA” afirmou Arroxo

Lugo, 22 de novembro 2016. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou hoxe sobre os trámites que a formación que representa está a realizar coa Confederación Hidrográfica para a instalación dun acceso de madeira ao río Miño na zona de As Saamasas. “Se no verán de 2017 Lugo ten zona pública de baño será grazas ao BNG-AA” afirmou Arroxo e salientou que “damos conta dos avances e dos trámites que estamos a facer e que visibilizan o feito de que nin o goberno municipal, nin dende a Deputación se fixo absolutamente nada para Lugo tivese unha zona pública de baño”.

Rubén Arroxo presentou, ante os medios de comunicación, o documento remitido pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para pagar a taxa correspondente á publicación no BOP da información pública do expdente de autaorazación para a instalación dun acceso de madeira no río Miño, no entorno da Área Recreativa das Saamasas. Arroxo informou que “dende o BNG xa fixemos efectivo o pago dos 21,80 euros correspondentes aos gastos de publicación no BOP” e ironizou “o goberno orzamentou 250.000 euros e non fixo nada, ata agora avanzou máis o BNG-AA cun gasto de 21 euros”

Rubén Arroxo afirmou que “esto demostra, unha vez máis, que Lugo está sen zona pública de baño por que o PSOE non quere e o PP séguelle o xogo con cambios de ubicación, batimetrias, etc...”. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo enfatizou que “o BNG realizou trámites que o Concello e a Deputación non foron capaces de realizar en 7 anos” e afirmou que Rubén Arroxo afirmou que “esto demostra, unha vez máis, que Lugo está sen zona pública de baño por que o PSOE non quere”. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo enfatizou que “o BNG realizou en menos de 10 días trámites que o Concello e a Deputación non foron capaces de realizar en 7 anos” e afirmou que “nas Saamasas pódese crear a zona pública de baño, unicamente hai que adaptar a instalación ás características e particularidades do entorno”.

Arroxo rexistrara, en nome do BNG-AA, unha solicitude o 20 de xullo que foi respostada pola Confederación o 26 do mesmo mes e o día 1 de agosto Rubén Arroxo entregou a documentación requirida e un proxecto para a instalación dun patalán que permitise un acceso seguro ao río. Con data do 3 de agosto a propia Confederación remitiu un novo escrito no que se recoñece que a instalación proposta polo BNG-AA é “autorizable”. Agora, con data 22 de novembro, o BNG-AA efectou o pago da taxas para publicación no BOP da información pública sobre a instalación deste acceso ao río que permitirá unha zona segura de baño nas Saamasas.

“Se no verán de 2017 Lugo ten zona pública de baño será grazas ao BNG-AA” afirmou Arroxo