“TRÁTASE DUN ESPAZO RECENTEMENTE REHABILITADO CON FONDOS DO PLAN URBÁN, NON SE PODE PERMITIR O SEU DETERIORO E HAI QUE TRABALLAR PARA QUE SEXA OCUPADO POLAS PERSOAS” DIXO ARROXO

Rubén Arroxo levará a comisión unha iniciativa para mellorar o estado da Calella do Hospital

IMG_1076
Rubén Arroxo na Calella do Hospital

A Calella do Hospital atópase chea de pintadas, hai luminarias que non funcionan e converteuse nun urinario público

Rubén Arroxo levará a comisión unha iniciativa para mellorar o estado da Calella do Hospital

Lugo, 23 de novembro 2016. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que levará á comisión correspondente do concello unha iniciativa para que se atenda de xeito especial o espazo da Calella do Hospital. Este espazo, situado no lateral do Mosteiro da Praza de Santo Domingo, foi recentemente rehabilitado con fondos do Plan Urbán e, neste momento, atópase  coas paredes cheas de pintadas e nos seus accesos a hixiene e a limpeza son moi deficientes.

“Non se pode permitir o deterioro deste espazo e hai que traballar para que sexa ocupado polas persoas” dixo Arroxo que apostou pola posta en valor desta praza “que podería acoller actividades e ser considerada como unha zona de difusión cultural nos eventos que se programan na cidade”. Ademais o voceiro do BNG – AA dixo que o goberno debe incrementar a vixilancia neste lugar e poñer solución aos problemas de iluminación.

Rubén Arroxo levará a comisión unha iniciativa para mellorar o estado da Calella do Hospital