OS DÍAS DE MAIOR AFLUENCIA, A LIÑA 10 VERASE REFORZADA POR UNHA LIÑA ESPECIAL QUE COMUNICARÁ O CEMITERIO CO CENTRO CADA 30 MINUTOS

Mobilidade reforza os buses cara o cemiterio coincidindo co 1 de novembro

O Cemiterio Municipal abrirá entre as 09:30 e as 19:00 os días 28, 29 e 30 de outubro, e o 1 de novembro

Os días de maior afluencia, a liña 10 verase reforzada por unha liña especial que comunicará o cemiterio co centro cada 30 minutos

Mobilidade reforza os buses cara o cemiterio coincidindo co 1 de novembro

 

Lugo, 25 de outubro de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou os horarios dos buses especiais do Cemiterio Municipal. "Como cada ano, habilitamos un bus complementario que comunicará o centro da cidade co Cemiterio, reforzando á liña 10 que continuará o seu percorrido habitual", explicou Arroxo.

O percorrido especial partirá desde a parada de Obras Públicas, continuando pola Ronda da Muralla, rúa Santiago, e Volta da Viña, chegando ao cemiterio tras pasar pola Estrada Vella de Santiago. O percorrido de volta ao centro será pola Estrada Vella de Santiago, rúa Santiago e Rolda da Muralla, rematando na parada de Obras Públicas. Na hora en punto, e cunha frecuencia de 30 minutos, poderase coller o bus en Obras Públicas, mentres que as chegadas ao cemiterio realizaranse a e 30 e a e 45. Este bus estará dispoñible nos momentos de maior afluencia no Cemiterio, funcionando os días 28 e 29 de outubro entre as 10:30 e as 13:00, e pola tarde de 16:30 a 19:00, o martes 31, entre as 15:00 e as 19:00 e o mércores 1 en horario de 10:00 a 19:00.

A área de Participación habilita tamén un horario especial de apertura do Cemiterio, para garantir que toda a veciñanza se poida achegar. Así, o Cemiterio Municipal abrirá os días 28, 29 e 30 de outubro, ademais do 1 de novembro, entre as 09:30 e as 19:00.

Mobilidade reforza os buses cara o cemiterio coincidindo co 1 de novembro