"A VECIÑANZA DE O PÁRAMO ESTÁ FARTA DE QUE NOS QUITEN SERVIZOS E DE NON SABER NUNCA SE IMOS TER FACULTATIVOS QUE NOS ATENDAN", DENUNCIA A PORTAVOZ MARTA PORTEIRO

O BNG do Páramo convoca unha concentración para denunciar a falla de persoal facultativo no Centro de Saúde

"A veciñanza de O Páramo está farta de que nos quiten servizos e de non saber nunca se imos ter facultativos que nos atendan", denuncia a portavoz Marta Porteiro

O Páramo ten unha poboación moi envellecida que precisa de atención médica continua

O BNG do Páramo convoca unha concentración para denunciar a falla de persoal facultativo no Centro de Saúde

 

O Páramo, 26 de outubro de 2023. O Bloque Nacionalista Galego de O Páramo acaba de convocar unha concentración diante do Centro de Saúde da localidade ante a continua falla de persoal facultativo que impide a correcta atención primaria da veciñanza. Tal e como anunciou a portavoz do grupo político, Marta Porteiro, "a habitual falla de persoal facultativo deixa á poboación sen asistencia médica inmediata no centro de saúde de O Páramo".

"A veciñanza de O Páramo está farta de que nos quiten servizos e farta de non saber nunca se imos ter facultativos que nos atendan", explicou a nacionalista. O Páramo ten unha poboación de 1300 habitantes na que a maioría da poboación está moi envellecida e que, polo tanto, precisa de atención médica continua. Segundo Marta Porteiro, "entre baixas médicas e vacacións case non quedan facultativos, e as persoas máis maiores nunca saben o que van atopar ao chegar ao seu centro".

Nesta situación, tan só pasa consulta un profesional catro horas ao día, pero nunca se sabe con exactitude o horario no que vai a estar no centro nin os días. Así, indicou a portavoz, "resulta imposible que o persoal sanitario poida atender a demanda de pacientes que ten o centro, e estanse a producir cambios de citas que acaban indo a urxencias co risco de saturación que isto pode orixinar", denunciou Porteiro.

"No día de onte, 25 de outubro, en ningún momento fomos avisados de que non había ningún médico, e hoxe temos dous, tamén sen previo aviso á veciñanza. Todo isto pasa despois de que o Sr. Alcalde saíra na prensa anunciando que tiña un acordo co Sergas para ter facultativos todos os días. Isto o único que demostra é a falla de respecto que a Xunta de Galiza ten pola veciñanza de O Páramo", explicou Marta Porteiro.

"A atención primaria é a columna vertebral da sanidade pública, e non podemos deixar que nos sigan a recortar este servizo, así que seguiremos a loitar entre todos para que nos restablezan o servizo que debemos ter en O Páramo" concluíu Marta Porteiro.

O BNG do Páramo convoca unha concentración para denunciar a falla de persoal facultativo no Centro de Saúde