O PRESIDENTE DA APEHL, CHECHÉ REAL, DESTACOU NA PRESENTACIÓN "O COMPROMISO DO CONCELLO DE LUGO CO SECTOR DA HOSTALERÍA"
Maite Ferreiro presenta o XVIII Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola APEHL coa colaboración da área de Turismo
O presidente da APEHL, Cheché Real, destacou na presentación "o compromiso do Concello de Lugo co sector da hostalería"
O concurso celebrarase entre o 3 e o 19 de novembro, e contará con sorteos para as persoas que degusten as distintas tapas participantes
Lugo, 27 de outubro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, a XVIII edición do Concurso de Tapas de Lugo, que terá lugar entre o 3 e o 19 de novembro.
Maite Ferreiro destacou "a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local". Pola súa banda, Cheché Real destacou "o compromiso da área de Turismo co sector da hostalería na realización deste concurso"
Entre o 3 e o 19 de novembro os locais participantes ofertarán as súas tapas a todas as persoas que o desexen, que exercerán de xurado popular para escoller a tapa gañadora do concurso e as 12 finalistas. Un xurado profesional outorgará premios entre os finalistas.
As persoas que o desexen, poderán votar as distintas tapas mediante un cupón de votación individual, que deberá ir selado polos establecementos participantes. Cada tapa poderá ser puntuada cunha nota do 1 ao 5. Todos os cupóns presentados participarán no sorteo de distintos premios, os cupóns participantes cun mínimo de 10 establecementos visitados, participarán no sorte o dunha escapada gastro-relax para dúas persoas no Hotel Pazo Los Escudos, de Vigo, e os selados por 20 establecementos participarán no sorteo dunha viaxe dunha semana para dúas persoas a Ámsterdam.
A edición 2023 do concurso de tapas de Lugo conta con 37 locales de hostalería participantes distribuídos por toda a cidade: 3 pés, Anda, Antas, Ave César, Barros Cervecería, Bulló Xantar, Casa D'Auga, Desnivel Tapas e Copas, Eduri, El Boni, El Dotmas Bar, El Santuario de Magnus, España, Galo, Gran Café, Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, Karrusel, La Cosechera de 1977, La Terraza del Méndez, Las Cinco Vigas, Legends Café, Manuel Manuel, Mesón El Castillo, O Castor, O Cincuenta e Seis, O Figón, O Mercado Casa de Comidas, Orixe do Campo, Paprica, Parada 33, Portal 36, Pulpería O Castelo, Prebe by Bret, Quimera, San Marcos Café, Santeiro's Terraza, Taberna Daniel e Tapería o Peque.