MONTSE VALCÁRCEL: “ESTA FESTA ORGANIZADA POLO ASOCIACIONISMO DE BASE DEMOSTRA QUE ESTE É O AUTENTICO MOTOR CULTURAL DO NOSO PAÍS

Montse Valcárcel deputada autonómica participou na XXXIV Festa da Filloa xunto con Iria Castro, deputada provincial do BNG e representantes do BNG da comarca

Montse Valcárcel: “esta festa organizada polo asociacionismo de base demostra que este é o autentico motor cultural do noso país”

Montse Valcárcel deputada autonómica participou na XXXIV Festa da Filloa xunto con Iria Castro, deputada provincial do BNG e representantes do BNG da comarca


 


 

Cospeito1 de maio de 2025.- A deputada do BNG no parlamento galego Montse Valcárcel, acudiu hoxe á XXXIV Feira da Filloa de Muimenta, que se celebra no recinto feiran “Manuel Vila” acompañando a Iria Castro, deputada de cultura da Deputación de Lugo, así como a representantes do Bng de Cospeito e da comarca.

Con esta festa preténdese potenciar os produtos do país e promocionar a vila de Muimenta, e foi declarada Festa de Interese Turístico de Galiza en 2008. Como xa é habitual, esta festa celébrase no recinto feiral Manuel Vila López coa organización e colaboración desinteresada dos veciños e veciñas de Muimenta, e ao longo da xornada hai degustación de filloas, ademais de xantar popular, mostra de produtos alimentarios propios da zona, exposición de artigos de artesanía.

Montse Valcárcel visitou as diferentes exposicións que se organizan ao redor desta Festa da Filloa, incluído un pavillón que conta con exemplares de animais de razas galegas autóctonas, desde cans de raza palleiro até galiña e galo de Mos, pasando por porcos celtas, e tamén tivo ocasión de percorrer os múltiples postos que a organización dispón para facer as filloas e que están atendidas por veciños e veciñas de Muimenta, de todas as idades, que colaboran desinteresadamente, incluso levando a súa propia prancha para facer as filloas.

Temos que por en valor o traballo colectivo e o traballo das mulleres que fan este rico manxar da nosa gastronomía. Montse puxo tamén en valor o traballo das mulleres que fan filloas sen glute para que así todas poidamos desfrutar deste manxar.

Esta festa “enxalza un dos nosos produtos máis auténticos “ e serve para que se vexa o potencial do noso rural, que se conserven as nosas costumes e tradicións. “Ademais entre todas temos que por en valor o noso patrimonio gastronómico” afirmou Montse Valcárcel

Montse Valcárcel deputada autonómica participou na XXXIV Festa da Filloa xunto con Iria Castro, deputada provincial do BNG e representantes do BNG da comarca