Néstor Rego: “a nosa prioridade con Lugo será a mellora das comunicacións viarias e ferroviarias”

Néstor rego, Olalla Rodil e Rubén Arroxo
Néstor rego, Olalla Rodil e Rubén Arroxo

O deputado do BNG visitou Lugo, onde denunciou a discriminación que sofre Lugo nas súas conexións co resto do país

 

Néstor Rego mantivo un encontro con veciñas e veciños de Lugo para amosar os compromisos que o BNG conseguiu para Lugo e Galiza

Néstor Rego: “a nosa prioridade con Lugo será a mellora das comunicacións viarias e ferroviarias”

Lugo, 23 de xaneiro de 2020. O deputado do BNG no parlamento do estado, Néstor Rego, mantivo un encontro con veciñas e veciños de Lugo, onde presentou as medidas que o BNG conseguiu para o acordo de investidura do estado. No encontro estivo acompañado pola parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, e polo Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo.

 

“Conseguir unha Axenda Galega é o piar dende o que nos centramos, tendo a Galiza como eixo único, para as negociacións no estado”, declarou Néstor Rego, que engadiu “durante esta lexislatura, o traballo do BNG centrarase en conseguir melloras na calidade de vida das galegas e galegos”.

 

Néstor Rego denunciou a actual situación do transporte en Lugo. “O ferrocarril está chamado a ser un dos medios de transporte que máis crecemento mostren nos vindeiros anos”, declarou o deputado nacionalista nunha visita á estación de tren da cidade.

 

“A nosa prioridade con Lugo será conseguir investimentos para ter un ferrocarril e unhas conexións viarias dignas”, afirmou Néstor Rego, que lembrou que o ferrocarril “é un elemento de cohesión e vertebración social”. “Lugo precisa que o estado remate as infraestruturas que ten iniciadas”, declarou o deputado BNG.

Néstor Rego: “a nosa prioridade con Lugo será a mellora das comunicacións viarias e ferroviarias”