Rodil “rodeadas de centos de puntais, as alumnas e alumnos non poden recibir unha educación públicade calidade”
A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, exixe á Xunta unha resposta ante a situación que se atopa o CEIP Frei Luís de Granada de Sarria
Lugo, 22 de xaneiro de 2020.- Olalla Rodil, portavoz parlamentaria de Educación do BNG no Parlamento Galego, estivo este martes nunha reunión con nais e país do CEP Frei Luís de Granada de Sarria debido á situación que padece a infraestrutura do centro educativo.
O edificio, inaugurado en 1974, presenta importantes deficiencias na súa estrutura o que está a provocar a aparición de novas gretas e o agravamento doutras que xa existían. Esta situación non é nova pois en 2011 foi preciso intervir sobre a infraestrutura nunhas obras que duraron dez meses e que obrigaron a reubicar o alumnado noutro centro.
As devanditas obras contempláronse como unha corrección dos problemas estruturais do edificio pero o certo é que non á vista dos acontecementos.
Neste contexto, desde o BNG compartimos a preocupación de docentes e familias pola seguridade do estudantado nun centro cuxa infraestrutura está deformada e agretada así como polos puntais instalados. Máis aínda cando desde a delegación da Xunta en Lugo aseguraban que o centro é seguro sen contar nin sequera cun informe técnico que así o corroborase.
A parlamentaria cualificou a actitude da Xunta de imprudente tal como recalcou Rodil “que se derive o problema as nais e os pais de levar as súas fillas e fillos ao centro cando a responsabilidade de garantir as condicións de impartir aulas é a mesma Xunta, é unha irresponsabilidade por parte deste goberno”
Insistindo, Rodil recalcou “rodeadas de centros de puntais, as alumnas e alumnos non poden recibir unha educación pública de calidade”. Por estas razóns indicou “con menos puntais dos que hai hoxe no colexio téñense pechado edificios”.
Por esta razón, Olalla Rodil exixiu no Parlamento unha resposta por parte do goberno popular sobre que pensa adoptar a Xunta de Galiza para garantir a seguridade do profesorado e o alumnado no CEIP Frei Luís de Granada de Sarria e as razóns para ter a infraestrutura deste xeito.