“NIN O CONCELLO, NIN A XUNTA PODEN PERMITIR COACCIÓNS DUNHA EMPRESA PRIVADA” DIXO ANTÓN BAO

“NIN O CONCELLO, NIN A XUNTA PODEN PERMITIR COACCIÓNS DUNHA EMPRESA PRIVADA” DIXO ANTÓN BAO

O aparcamento está feito en terreos cedidos polo concello de Lugo e se a empresa ten perdas pode renunciar á explotación e devolver os terreos

O BNG mantivo, dende un primeiro momento, que non se podía permitir a privatización dese espazo público

LUGO, 9 de outubro de 2013. O BNG, a través do seu voceiro municipal, saíu ao paso das reclamacións que a empresa que xestiona o aparcadoiro do Hospital Universitario Lucus Augusti está a realizar debido a unha suposta perda de beneficios. Para o BNG representa un claro caso de coaccións que non debe permitir nin o goberno local nin Xunta de Galicia, como concesionaría do espazo que explota a empresa Aljamil S.A.

Antón Bao lembrou que o aparcamento está feito en terreos cedidos polo concello de Lugo, que son de todos os lucenses, e dixo que “con estes terreos non se pode especular como se especulou para darlle a unha empresa privada negocio a conta da saúde dos lucenses”. Para o BNG é a Xunta de Galiza que ten potestade e pode buscar fórmulas para denunciar o contrato e devolver os terreos ao concello de Lugo. Hai outra solución que consiste en que entre Xunta e a empresa negocien para baixar os prezos e que a xente poida utilizar este aparcadoiro público.

“No caso de que a empresa entenda que o negocio non é suficiente pode rescindir ese contrato e devolverlle os terreos aos seus propietarios que son todos os lucenses” dixo Antón Bao. O BNG mantivo, dende un primeiro momento, que non se podía permitir a privatización dese espazo público. “Neste momento Concello e Xunta deben tomar cartas no asunto e ser contudentes para evitar esta situación” segundo Antón Bao.

Para o voceiro do BNG “compre poñer enriba da mesa o interés verdadeiro que é o das persoas e non o das empresa” e “Concello e Xunta deben de deixar de tirarse os tratos entre ámbalas dúas e poñer os medios precisos para que estes aparcadoiros recuperen o caracter público que sempre deberon ter”.

“NIN O CONCELLO, NIN A XUNTA PODEN PERMITIR COACCIÓNS DUNHA EMPRESA PRIVADA” DIXO ANTÓN BAO