O VOCEIRO DO BNG-AA CUALIFICOU DE “PARADIGMÁTICO” QUE DEMOSTRA QUE OS ORZAMENTOS DO CONCELLO PARA ESTE ANO ERAN “FICTICIOS” E ACUSOU AO GOBERNO DE “VENDER FUME”

“Nos orzamentos hai 50.000 € para mobiliario dun esqueleto de ferro como é a biblioteca da Piringalla” asegurou Arroxo

IMG_0799
Rubén Arroxo diante da estrutura do edificio da biblioteca da Piringalla

Para os nacionalistas “non é normal” que se destinen 10.000 € para unha biblioteca que existe, a da Milagrosa, e 50.000 € para unha que está sen facer, a da Piringalla

“Nos orzamentos hai 50.000 € para mobiliario dun esqueleto de ferro como é a biblioteca da Piringalla” asegurou Arroxo

Lugo, 25 de outubro 2016. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, cualificou de “insulto á intelixencia” que o goberno municipal tiveran orzamentado 50.000 € para dotar de mobiliario o edificio da biblioteca da Piringalla. Rubén Arroxo sinalou que “este é un reflexo da realidade dos orzamentos municipais deste ano, non é serio orzamentar partidas para amueblar edificios que están sen facer e que o goberno sabía perfectamente que non se ían rematar neste ano”. 

“vai ser difícil que poidamos aprobar os orzamentos deste ano dada a falta de seriedade do goberno municipal”


Arroxo lembrou que “vai ser difícil que poidamos aprobar os orzamentos deste ano dada a falta de seriedade do goberno municipal” e engadiu que “o PSOE introduce partidas que sabe non vai executar e deixa sen partidas necesidades que é necesario cubrir”. Arroxo explicou que “non imos a comulgar cuns orzamentos pensados para acumular remanentes durante 5 anos e que despois serven para que PP e PSOE se poñan dacordo en plans de grava e asfalto preelectoral como xa sucedeu no ano 2015”.


Os orzamentos do concello de Lugo para o ano 2016 contemplaban 10.000 € para dotar de mobiliario a biblioteca da Milagrosa, situada no parque de Frigsa, e 50.000 € para a biblioteca da Piringalla que non existe. Arroxo sinalou que “esto evidencia que os orzamentos que deseñou este goberno municipal son ficticios” e resumiu “resulta paradigmático que se destinen 50.000 € para mobiliario dun esqueleto de ferro como é a biblioteca da Piringalla”.
 

“Nos orzamentos hai 50.000 € para mobiliario dun esqueleto de ferro como é a biblioteca da Piringalla” asegurou Arroxo