A CANDIDATA DO BNG POR LUGO INCIDIU NA NECESIDADE "DAR UN IMPULSO E REFORMA DOS CENTROS DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM) CUN MAIOR FINANZAMENTO, INCREMENTO DO PERSOAL E INCLUINDO NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS"

Olalla Rodil: "Cun goberno forte na Xunta de Galiza o BNG traballará para avanzar na igualdade e na cara a eliminación das violencias machistas"

A candidata do BNG por Lugo incidiu na necesidade "dar un impulso e reforma dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) cun maior finanzamento, incremento do persoal e incluindo novos perfís profesionais"

Rodil referiuse a outras propostas que o BNG establece como prioritarias nesta materia e asegurou que "é o momento de traballar con intensidade para conquistar dereitos demandados pola socidade para acadar unha igualdade real"

Olalla Rodil: "Cun goberno forte na Xunta de Galiza o BNG traballará para avanzar na igualdade e na cara a eliminación das violencias machistas"

 

 Lugo, 20 de xaneiro de 2024.  Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, lembrou o "cuestionamento ou banalización das violencias machistas e as posicións que pretenden facernos retroceder en dereitos"  e asegurou que "Ana Pontón na presidencia da Xunta será o máximo garante da implementación de políticas encamiñadas a avanzar nunha sociedade igualitaria". Rodil incidiu na necesidade de reforma dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) e de "aprobar un programa de ampliación e extensión dos CIM que contemple o incremento da achega económica do programa de axudas e subvencións de apoio aos CIM, facendo especial énfase na creación destes centros naquelas comarcas nas que actualmente non existen". A parlamentaria nacionalista tamén significou "a necesidade de implementar a estes centros con todo o persoal que sexa obrigatorio para a acreditación do CIM e a incorporación de novos perfís profesionais para o seu corrrecto funcionamento".

Rodil tamén se referiu á importancia de crear unha Valedoría de Igualdade como órgano de defensa cidadá perante situacións de discriminación, directa ou indirecta, por razón de xénero. Esta Valeduría tería entre as súas funcións as de investigar, asesorar, e mediar. Tamén se encargaría da elaboración de propostas para a promoción da garantía do cumprimento do principio de igualdade. Ademais Olalla Rodil significou que "cun BNG ao fronte da Xunta de Galiza contariamos cun Instituto Galego das Mulleres como organismo público para promover políticas de igualdade de forma transversal en todos os ámbitos da vida social, económica, cultural e política de Galiza".

"Impulsaremos Lei de Inclusión de Cláusulas Sociais en materia de Igualdade co obxectivo de as introducir transversalmente en todos os ámbitos de actuación administrativa en que sexa procedente, así como para aquelas circunstancias e situacións sociais, onde xuridicamente, for posible" anuciou Olalla Rodil e engadiu a necesidade de contar, tamén, cunha nova Lei galega de recoñecemento e apoio das familias monoparentais. O BNG dende o goberno galego tamén velará pola visibilidade do traballo non remunerado no fogar e profundar no coñecemento do uso e reparto das tarefas domésticas colaborando coas universidades galegas no desenvolvemento de estudos específicos sobre o valor deste traballo.

Olalla Rodil: "Cun goberno forte na Xunta de Galiza o BNG traballará para avanzar na igualdade e na cara a eliminación das violencias machistas"