ARROXO: "DENDE O CONCELLO DE LUGO, XUNTO CON ADEGA, POSIBILITAMOS A VIAXE E FORMACIÓN A MOITAS VECIÑOS E VECIÑAS QUE BUSCAN INFORMACIÓN PARA COLABORAR COA LIMPEZA DAS PRAIAS ANTE O VERQUIDO DESTE MATERIAL"
Rubén Arroxo e edis do goberno de Lugo acudiron, con ADEGA, a limpar praias á Mariña de Lugo ante o verquido de pellets de plástico
Xunto cunhas 40 persoas achegaronse para colaborar coa limpeza do areal de Lóngara onde foron recibidos pola alcaldesa de Barreiros, Ana Hermida, e integrantes do goberno municipal
Arroxo: "Dende o Concello de Lugo, xunto con ADEGA, posibilitamos a viaxe e formación a moitas veciños e veciñas que buscan información para colaborar coa limpeza das praias ante o verquido deste material"
Lugo, 20 de xaneiro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa ediles do goberno municipal e veciñas e veciños de Lugo foron recibidos pola Acaldesa de Barreiros, Ana Hermida, e integrantes do equipo de goberno desta localidade. Xunto cunhas 40 persoas achegaronse para colaborar coa limpeza do areal de Lóngara, no concello de Barreiros, onde recibiron a formación precisa por parte de persoal técnico da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA.
A xornada tivo lugar entre as 10:00 horas coa saída do transporte dende Lugo e a chegada ao areal ás 11:30. A actividade contou coa debida formación no protocolo de recollida de pellets, ademais de todo o material necesario para o desenvolvemento da limpeza e para manter a súa seguridade en materia de saúde. Seguindo o principio de precaución, ADEGA dotou ao voluntariado de luvas homologadas para a manipulación de produtos perigosos.
O protocolo de limpeza do lixo mariño elaborado por ADEGA inclúe especificacións concretas para a retirada adecuada de pellets de microplástico das praias. Algunhas das recomendacións pasan por acudir aos areais en grupos reducidos, realizar a limpeza de pellets nas horas de baixamar, empregar luvas de seguridade e evitar achegarse ás zonas ambientalmente máis sensibles. Aconséllase, igualmente, utilizar a técnica de varrido na area compactada cun cepillo para, posteriormente, metelos nuns recipientes con auga e eliminalos cun coador cunha luz de malla de entre 2 e 3 mm. Débese pisar o menos posible a zona a limpar, dirixindo o avance do grupo na mesma dirección. A recollida do material retirado debe facerse en bolsas específicas debidamente etiquetadas, e non mesturar os pellets con outro tipo de residuos.