CONCELLO E XUNTA DERON POR “FINIQUITADO” O PLAN PARADAI EN SETEMBRO DE 2014 PERO AÍNDA QUEDAN ALGUNHAS FASES SEN EXECUTAR

Olalla Rodil pedirá que nos orzamentos da Xunta se inclúa unha partida para recuperar o Plan Paradai

IMG_1258

A parlamentaria lembrou que “foi un acordo entre o PP e o PSOE o que provocou a parálise das obras no ano 2014, somentes o BNG reivindicou o remate deste plan”

Olalla Rodil pedirá que nos orzamentos da Xunta se inclúa unha partida para recuperar o Plan Paradai

Lugo, 30 de novembro de 2016. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, trasladará ao Parlamento Galego a necesidade de retomar o Plan Paradai para rematar as actuacións que aínda fican pendentes. Rodil explicou que “neste momento o Plan Paradai non existe, xa que quedou finiquitado cando o goberno local de Lugo aceptou a adenda do convenio que situaba a finalización do mesmo no 31 de decembro de 2015”. Naquel momento o BNG xa denunciara que a xunta de goberno local, celebrada o mércores 17 de setembro de 2014, aprobara a adenda nº3 asinada, dende a Xunta, en xuño de 2014 e referente ao Plan Paradai.

“neste momento o Plan Paradai non existe"

Olalla Rodil explicou que coa aprobación daquela adenda “dábase finiquito ao convenio que había asinado entre as dúas administracións para a realización das obras pendentes do Plan Paradai”. Para o PP e o PSOE a Plan Paradai rematou coa obra da ponte sobre a vía do Ferrocarril, mais para o BNG aínda quedan actuacións pendentes que resultan fundamentais para o desenvolvemento da zona como son a conexión da nova ponte coa glorieta de Adolfo Suárez, a Calzada das Gándaras ou o arranxo do entorno da praza de Conde Fontao.

Rodil lembrou que no convenio asinado incialmente pola Xunta de Galiza e o Concello de Lugo o Plan Paradai estaba dividido en 9 fases das cales faltan por executar 3 das fundamentais. Na fase 1 recolliase a urbanización da praza de Conde Fontao e construción a aparcadoiros públicos no entorno da estación do Ferrocarril. Na fase 2, ademais da obra realizada da ponte sobre a vía ferroviaria contemplábase a rúa Serra de Meira incluíndo o enlace coa N-640. Outra das fases que están sen executar é a fase 5 na que se falaba da urbanización da Calzada das Gándaras.

A parlamentaria por Lugo sinalou que “o BNG seguirá pedindo esta mellora necesaria para Lugo e lamentamos que, probablemente, nin parlamentarios do PSOE nin do PP volverán a falar deste asunto”. No momento en que o PSOE, no goberno municipal de Lugo, aceptou a proposta, feita pola Xunta de Galiza, a través da adenda nº3 do convenio este quedou circunscrito exclusivamente á obra da ponte sobre a vía do ferrocarril e cun custe máximo de 3.557.000 € e a vixencia do convenio quedaba restrinxida ata o remate destas obras o 31 de decembro de 2015.

Olalla Rodil pedirá que nos orzamentos da Xunta se inclúa unha partida para recuperar o Plan Paradai