O BNG-AA LEVARÁ UNHA INCIATIVA AO PLENO MUNICIPAL PARA PROMOVER A POSTA EN VALOR DESTAS RUTA QUE SE UNE EN LUGO AO CAMIÑO PRIMITIVO E ENTRA EN GALIZA DENDE ABRES

“Lugo debe unirse ao resto de concellos que apostan pola posta en valor do Camiño Rexio” dixo Rubén Arroxo

IMG_1750

A esta proposta xa se adheriron os concellos da Pontenova, A Pastoriza. Meira, Castro de Rei e Pol polos que transcurre esta vía xacobea

“Lugo debe unirse ao resto de concellos que apostan pola posta en valor do Camiño Rexio” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 30 de novembro de 2016. O BNG – AA presentará unha iniciativa no pleno municipal para adherirse ao resto de concellos polos que transcurre o Camiño Norte Interior. Segundo explicou Rubén Arroxo “simplemente se trata de pedir que o Concello de Lugo se una aos concellos polos que transcurre esta ruta xacobea para pedir o seu recoñecemento como patrimonio mundial”. A esta proposta xa se adheriron os concellos da Pontenova, A Pastoriza, Meira, Castro de Rei e Pol.

Rubén Arroxo sinalou que os concellos polos que pasa esta ruta, dende San Tirso de Abres, xa aprobaron esta adhesión “mais resulta extraño que o concello de Lugo non fixese ningunha xestión para aproveitar as axudas públicas que promoven os camiños alternativos como é o caso deste Camiño Norte Interior, tamén coñecido como Vía Rexía ou Camiño de San Rosendo”. O voceiro do BNG – AA dixo que “o concello de Lugo xa conta con tres elementos patrimonio da humanidade e debemos sumarnos a todas as iniciativas que sirvan para a posta en valor e protección dos camiños de Santiago”.

Arroxo lembrou, tamén, que en maio de 2015 xa se tratara, no pleno do concello de Lugo, unha proposta nesta liña que non foi apoiada polo PSOE e “entendemos que dende aquela cambiaron as cousas xa que aínda non se producira a declaración, como Patrimonio da Humanidade, do Camiño Primitivo”. A  declaración, como Patrimonio da Humanidade, do Camiño Primitivo produciuse en xullo de 2015 e “ten que ser motivo máis que suficiente para mudar o enfoque con que se tratan estes asuntos” afirmou Arroxo.

O antigo camiño de Abres ata Lugo, por Meira, é o único de todas as alternativas xacobeas do Norte – tanto da costa como do interior -  que non obtivo aínda o seu recoñecemento oficial nin a debida protección xurídica, ficando á marxe dos beneficios da promoción que agora reafirma a recente distinción como Patrimonio Mundial efectuada pola UNESCO para as restantes alternativas.

A vía Xacobea do Norte polo interior tamén recibe os nomes de Ruta de Abres, Vía Rexia, ou Camiño Real. Esta ruta converxe co Camiño Natural de San Rosendo e a Ruta do Císter Galego, ao paso pola Ría do Eo, Terra de Miranda e Terra Chá de Lugo. Este camiño do do Norte polo interior xuntase con Camiño Primitivo no concello de Lugo, concretamente na zona da Chanca.

“Lugo debe unirse ao resto de concellos que apostan pola posta en valor do Camiño Rexio” dixo Rubén Arroxo