"PEDIMOS Á XUNTA DE GALIZA QUE POÑA TODO O QUE ESTEA NA SÚA MAN PARA AMPLIAR O NÚMERO DE PERSOAS QUE POIDAN RECIBIR CON CARÁCTER PÚBLICO A ATENCIÓN, REHABILITACIÓN E TRATAMENTOS QUE PRECISAN", SOLICITA OLALLA RODIL
Olalla Rodil visita as instalación de Adace (Asociación Dano Cerebral)

"Pedimos á Xunta de Galiza que poña todo o que estea na súa man para ampliar o número de persoas que poidan recibir con carácter público a atención, rehabilitación e tratamentos que precisan", solicita Olalla Rodil
Lugo, 06 de marzo de 2025. A parlamentaria do BNG Olalla Rodil realizou unha visita ás instalacións de Adace Lugo (Asociación Dano Cerebral) acompañada por Iria Carreira, concelleira do BNG en Lugo. Estiveron acompañadas pola presidenta da Asociación, Angeles Novo así como por traballadoras e usuarios de dita asociación.
Despois desta visita Olalla Rodil quere poñer en valor "o gran traballo e a calidez humana" que esta asociación fai cos usuarios e coas familias de persoas afectadas por dano cerebral adquirido e por en valor o traballo que realizan as profesionais deste entidade e as súas familias pra facilitar a súa integración na vida diaria, no asesoramento e rehabilitación de usuarios de toda a provincia.
O BNG levara ao Parlamento Galego algunhas das súas demandas como coñecer en que punto se atopa o PAI (Plan Asistencial Integral) "que foi elaborada cun enorme esforzo pola asociación de federacións que traballan con dano cerebral adquirido e que foi presentado pola Xunta de Galiza a través da Consellería de Sanidade, no 2022 e que nada se soubese del ata este momento", manifesta Rodil.
Así mesmo preguntaremos polos datos reais na Galiza de persoas con dano cerebral adquirido pois os datos que se teñen son a nivel estado e son do 2012, " para ter unha fotografía actual e real da situación no noso país", explica a deputada nacionalista .
O BNG solicitara tamén no Parlamento Galego que se amplíen o número de prazas públicas que existen en Lugo para atender a estas persoas pois o número para toda a provincia e claramente insuficiente. Adace Lugo presta un servizo dentro das súas capacidades cos poucos recursos que teñen, "por iso pedimos á Xunta de Galiza que poña todo o que estea na súa man para ampliar o número de persoas que poidan recibir con carácter público a atención, rehabilitación e tratamentos que precisan", conclúe Olalla Rodil.