Pablo Ares, candidato do BNG á alcaldía de Begonte
O candidato foi elixido nun proceso aberto e democrático, acadando a unanimidade da asemblea local da organización
Pablo Ares “Saímos para acadar un Begonte mellor, con plena confianza nas potencialidades propias e cun compromiso coa veciñanza de boa xestión, rigor, coherencia e compromiso”
Begonte, 18 de abril de 2023.- A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Begonte decidiu quen será a persoa designada para encabezar a candidatura nacionalista á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.
A persoa elixida é Pablo Ares Ansede, veciño de Baamonde, graduado en Enxeñeria en Electrónica Industrial e automática e traballa operario de mantenimiento.
Pablo Ares declarou “Saímos para acadar un Begonte mellor, con plena confianza nas potencialidades propias e cun compromiso coa veciñanza de boa xestión, rigor, coherencia e compromiso para mellorar a calidade de vida de todas e todos” e fixo fincapé “é o momento do BNG, cada día máis persoas confían no noso proxecto político, e este 28 de maio saímos a por todas”
O candidato do BNG á alcaldía de Begonte agradeceu ás compañeiras e compañeiros por confiar nel para liderar a candidatura do BNG “é unha honra que as compañeiras e compañeiros da organización viran en min a persoa capaz de liderar un proxecto político tan emocionante e con tanta ilusión como é o BNG, só quero transmitir o agradecemento por esta xenerosidade e confianza das persoas que formamos parte desta organización”
Por outra banda, Pablo Ares destacou que o BNG “ten un proxecto en positivo e de futuro para Begonte, un proxecto que faga sentir á veciñanza aínda máis orgullo de ser deste concello polos seus servizos públicos, a boa xestión e a transparencia”