El Paraíso Perdido, de Pablo Auladell, nova exposición dispoñible para visitar no Vello Cárcere
A exposición consta de 46 pezas, que mostran o proceso creativo do autor ao adaptar o poema de John Milton ao formato de novela gráfica
A novela gráfica de Auladell foi publicada no Reino Unido, Brasil, Francia e Holanda
Lugo, 02 de xullo de 2022. A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que a exposición El Paraíso Perdido, do ilustrador valenciano Pablo Auladell, vén de unirse á proposta expositiva do Vello Cárcere. Maite Ferreiro destacou a mostra como "unha nova proposta para coñecer o proceso creativo da novela gráfica".
A nova exposición consta de 46 pezas, que mostran o proceso creativo do autor na adaptación do poema de John Milton á novela gráfica, libro que foi publicado no Reino Unido, Brasil, Francia e Holanda. En total, poderán verse 40 debuxos, 6 ilustracións e outros documentos que completan a visión do proceso.
Pablo Auladell (Alacant, 1972) é licenciado en Filoloxía Inglesa, e traballa como debuxante e ilustrador. Traballou con clásicos e textos contemporáneos, ao mesmo tempo que desenvolve o seu propio terreo narrativo. O seu traballo foi recoñecido co Premio do Ministerio de Cultura ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís en 2005 por Peiter, Peter e Peer e outros contos de Andersen, o Premio ao Autor Revelación no Salgou do Cómic de Barcelona de 2006 por La Torre Brancae o Premio Nacional de Cómic 2016 por El Paraíso perdido.