MÁIS DE 200 ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS DESENVOLVERANSE ATÉ O DÍA 12

Os Pelúdez dan comezo á gran festa do outono galego

Os Pelúdez dan comezo á gran festa do outono galego

Lugo, 04 de outubro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, realizou a presentación dos pregoeiros deste San Froilán. A concelleira destacou que “Pelúdez e Filomena forman parte das nosas festas e das nosas vidas desde 1908, case 100 San Froiláns son un record dificilmente superable”. “Xa estaban aquí cando nacemos e seguirán aquí unha vez marchemos todas e todos porque son un símbolo, un orgullo e unha parte imprescindible das nosas festas”, indicou a edil de Cultura.

Os Pelúdez deron así comezo ás máis de 200 actividades da festa, das cales 170 son actuacións musicais, onde destacan o domingo das mozas con 31 e o sábado 5 con 25. Esta será tamén a edición máis social do San Froilán, onde se contará con 3 postos lilas, onde especialistas en materia de igualdade traballarán en informar, concienciar e dar pautas para evitar situacións de acoso e violencia machista, e proporcionarán apoio, refuxio e asesoramento no caso de que acontezan. Ademais, contarase por primeira vez cun posto antirruido, en colaboración coa asociación Raiolas Lugo, para que nenos e nenas con TEA e TCS poidan desfrutar das festas.

Os Pelúdez dan comezo á gran festa do outono galego