“QUEREMOS QUE A EDIL DE CULTURA EXPLIQUE AS RELACIÓNS DO CONCELLO DE LUGO CON ESTAS DÚAS EMPRESAS E COA PERSOA QUE AS REPRESENTA” DIXO MAITE FERREIRO

Unha persoa vencellada ao PSOE de Ferrol podería estár detrás de dúas das empresas que contrataron os concertos

Un dos asesores de comunicación da campaña das municipais do ano 2015 en Ferrol está relacionado con dúas das empresas que intermediaron para contratar catro concertos por máis de 61.000 €

Unha persoa vencellada ao PSOE de Ferrol podería estár detrás de dúas das empresas que contrataron os concertos

Lugo, 16 de febreiro 2017. O BNG - AA pedirá información sobre as relacións que mantén o departamento de cultura do concello de Lugo con 2 das empresas, da comarca de Ferrol, que actuaron como intermediarias na contratación dos concertos de Milladoiro, Ariel Rot e Coque Malla. Para o BNG-AA “o grave do asunto é sobre custo que se está demostrando que teñen estes concertos para o concello de Lugo”. Dende que o BNG – AA denunciou o sobrecusto dos concertos houbo unha serie de acontecementos que incrementaron as sospeitas sobre o procedemento de contratación xa que, segundo explicou Maite Ferreiro, “nestes días desapareceron da páxina web do concello de Lugo un comunicado do goberno municipal no que se nos acusaba de descoñecemento e, sorprendentemente, tamén desapareceu da web do concello de Ferrol os datos que figuraban no perfil do contratante sobre a contratación do grupo Milladoiro”

( https://www.ferrol.es/99-contratos-menores-detalles.aspx?id=119223244 ).

En canto ás cifras de contratación dos concertos, Maite Ferreiro destacou que “no caso do concerto de Marlango que foi feito coa empresa Iguana Managemente S.L. non se percibe un sobre custo tan esaxerado como no caso dos outros tres concertos contratados coas empresas da comarca de Ferrol vencelladas a un dos responsables de comunicación do PSOE na pasada campaña das eleccións municipais”.

Ademais Maite Ferreiro sinalou que “unha das empresas, Sesnarmiga S.L., ás que se lle contrataron os concertos de Milladoiro e Ariel Rot semalla ser unha empresa fantasma xa que é case imposible atopar o xeito de contactar con ela” e ironizou “sorprende a capacidade da concelleira de cultura que conseguiu atopar unha empresa que non ten páxina web, nin teléfonos de contacto e non existe en internet”. Polas informacións que obtivo o BNG, parece ser que a empresa Sesnarmiga S.L. se xestiona dende a mesma localización que a empresa Embora S.L. ámbalas dúas vencelladas á mesma persoa que foi nomeado como responsable de comunicación do PSOE na campaña das municipais do ano 2015 ( http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/nombrado-comite-electoral-gestionara-campana-socialista/20141220224234110441.html ).

O BNG xa pediu a comparecencia no pleno da corporación da edil responsable de cultura, Carmen Basadre, para que de conta de cómo se tramitou, cando e por que a contratación de catro concertos por un importe total de 61.105 €, “estes novos datos abalan a nosa petición por que entendemos que a edil de cultura vai ter que dar moitas explicaicóns” dixo Maite Ferreiro e afirmou que “está claro que algo se fixo mal e con coñecemento de que se facía mal”. O nome desta persoa aperece vencellado ás empresas Embora S.L., Buble Comunicación e xa foi denunciada a súa relación con cargos do PSOE e a posible obtención de contratos grazas a esta relación en medios dixitais de Narón (http://naronsiexiste.blogspot.com.es/2010/02/cambio-de-imagen-del-alcalde.html ).

Ademais o BNG-AA demostrou como o grupo Milladoiro foi contratado polo concello de Ferrol, para un concerto o día 30 de agosto de 2016 na praza de Amboaxe, por 9.680 €. Mentres que ás arcas municipais do concello de Lugo lle terá un custe de 18.150 € cando, segundo explicou Maite Ferreiro, o concerto se celebrará en interior e nunhas datas nas os cachés de todos os artistas son moito máis baixos. Recentemente sairon datos doutros concellos galegos e do estado nos que se ven claramente que os prezos para Lugo están sobredimensionados. Así no concello de Ourense, Milladoiro actuou por 8.000 €; no concello de Redondela por 8.470 €; een Leganés por 7.260 €; en Bergondo por 8.000 €; en Ames por 12.300 e en Alcobendas por 8.000 €.

Unha persoa vencellada ao PSOE de Ferrol podería estár detrás de dúas das empresas que contrataron os concertos