Pilar Bellón será a candidata do BNG á alcaldía do Corgo

Ana Pontón xunto a Pilar Bellón, candidata do BNG á alcaldía do Corgo
Ana Pontón xunto a Pilar Bellón, candidata do BNG á alcaldía do Corgo

A actual portavoz e concelleira foi elexida por unanimidade

A candidata nacionalsita declarou “afronto este reto co orgullo de encabezar o proxecto do BNG, as mulleres temos que dar un paso adiante e abrir camiño para as vindeiras xeracións”

Pilar Bellón será a candidata do BNG á alcaldía do Corgo

O Corgo, 18 de marzo de 2023. A asamblea local do Bloque Nacionalista Galego no Corgo acordou por unanimidade que Pilar Bellón Candal, actual portavoz municipal e concelleira, sexa a candidata da organización á alcaldía.

Pilar Bellón é natural de Laxosa, nada no ano 1974, e traballa como administrativa nunha asesoría fiscal.

Será a primeira muller como candidata a unhas eleccións municipais no Corgo. Pilar Bellón, declarou “afronto este reto co orgullo de encabezar o proxecto do BNG, as mulleres temos que dar un paso adiante e abrir camiño para as vindeiras xeracións" e subliñou “quero agradecer ás comapañeiras e compañeiros pola confianza depositada en min para liderar esta candidatura, a que estamos preparadas para producir un xiro á política municipal actual e facer que O Corgo avance”

A candidata nacionalista salientou algunha das persoas que irán na candidatura do BNG “cada día máis xente se suma ao BNG co obxectivo de traballar pola veciñanza, caras novas entre os primeiros postos, como Pablo Abuín Cedrón, profesor do CEIP Concepción López Rei de Baleira, ademáis de caras xa coñecidas como Mario Outeiro ou María Abuín”

 

Pilar Bellon destacou algunha das propostas do programa nacionalista “Impulsaremos un Corgo onde a mocidade vexa nel o seu futuro, con servizos públicos fortes, como ampliar o saneamento a todas as vivendas do concello ou ampliar os servizos do Centro de Día, e como non, temos que dar pulo á actividade agro gandeira, o comercio local, hostelería, son algunhas das propostas que destacaremos no noso proxecto”

Pilar Bellón será a candidata do BNG á alcaldía do Corgo