OS CONCELLOS TEÑEN A POSIBILIDADE DE REALIZAR CAMPAÑAS DE DIFUSIÓN SOBRE A ENFERMIDADE E RECLAMAR ANTE A XUNTA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS ESPECÍFICAS
O Pleno tratará unha iniciativa do BNG sobre a Endometriose que afecta ao 10% das mulleres
A proposta preséntase por petición do colectivo QUERENDO – Mulleres con Endometriose que reclama apoio das institucións para atallar esta doenza
Lugo, 4 de setembro de 2018. O BNG rexistrou unha iniciativa para ser tratada no vindeiro Pleno da Corporación relativa á prevención e atención a doentes de Endometriose. A edil Maite Ferreiro sinalou que “as mulleres con endometriose son 1 de cada 10 mulleres en idade fértil que delas o 15% padecen formas severas”. En Galiza hai máis de 60.000 mulleres con esta doenza e máis e 9.000 sofren as formas máis graves desta doenza. O descoñecemento dos síntomas da doenza por parte das mulleres e dalgúns profesionais fan que hoxe o retraso diagnóstico teña unha media de 8 anos.
En Galiza existe un colectivo que está a traballar para mellorar a calidade de vida das mulleres que padecen esta enfermidade. QUERENDO – Mulleres con Endometriose e as mulleres que padecen esta doenza reclaman, das institucións e dos grupos políticos, a súa implicación para mellorar a atención sanitaria e todas as cuestións específicas relativas á doenza que padecen. O BNG presentou esta iniciativa ao Pleno tras recibir a proposta deste colectivo de mulleres.
No texto solícitase establecer, dende o propio concello ou en colaboración con outras institucións, unha programación de xornadas de formaci6n sobre Endometriose as que poida acudir, ademais de todas as persoas interesadas, o persoal sanitario que atende os distintos servizos que dispensa o SERGAS.
Ademais de instar á Xunta de Galiza a garantir consultas especificas de Endometriose suficientes para o numero de afectadas da área sanitaria de Lugo e aos centro aos que acoden as mulleres do noso Concello e a derivaci6n destas pacientes a areas nas que existan mentres estas non se creen. Tamén, demandar da Xunta de Galiza a creación dunha unidade multidisciplinar composta por especialistas en xinecoloxía, radioloxía, cirurxía xeral con experiencia en cirurxía colo-rectal, uróloxía, e anestesiólog@s, psicólog@s, fisioterapeutas, especialistas en dor, etc., para mellorar a atención nos casos mais graves de endometriose e a derivación destas pacientes a unidades multidisciplinares doutras areas sanitarias mentres estas non existan.