“A ALCALDESA ANUNCIA PLANS DE BARRIOS PERO A REALIDADE É MOI DIFERENTE AOS ANUNCIOS FEITOS” DIXO ARROXO

O BNG lembra a necesidade dun plan de actuación para Lamas de Prado

Lamas de Prado1

Mellora da limpeza, eliminación de escombreiras, mantemento de parques infantís e repintado a sinalización horizontal son algunhas das necesidades

O BNG lembra a necesidade dun plan de actuación para Lamas de Prado

Lugo, 3 de setembro de 2018. Ediles do BNG visitaron o barrio de Lamas de Prado e lembraron o incumprimento da iniciativa aprobada no Pleno da Corporación para actuar no barrio. Na iniciativa, que fora presentada polo BNG, xa se recollía a necesidade de mellorar a limpeza no barrio, a eliminación de escombreiras, o mantemento dos parques infantiles ou a necesidade de repintar a sinalización horizontal.

“A limpeza das berirarrúas é moi mellorable por que lle dan ao barrio un aspecto descoidado, ademais comprobamos como aínda quedan escombreiras nas inmediacións do centro comercial e existen puntos onde os submidoiros están abertos, sen tapa, o que supón un perigo para as persoas” explicou Arroxo. Ademais, o voceiro do BNG referiuse tamén á necesidade mudar o pavimento dunha das zonas de xogo infantil situada na rúa Aquilino Iglesias Alvariño que “é a única que queda no concello con area, a pesares de que a alcaldesa anunciou no mes de mario a súa renovación”.

Rubén Arroxo sinalou que “o BNG seguirá traballando polos barrios para que Lugo funcione” e anunciou iniciativas para subsanar as deficiencias, neste caso, do barrio de Lamas de Prado. Durante a visita veciños e veciñas trasladáronlles aos representantes do BNG varias queixas e propostas para mellorar o barrio e os seus arredores.

Repintado sinalización horizontal

Para o BNG, outro dos aspectos que é necesario renovar é o pintado da sinalización horizontal “principalmente os pasos de peóns precisan ser repintados por que neste momento hai moitos que a penas se ven igual que o resto da sinalización que está pintada na calzada” dixo Arroxo e referiuse especialmente á do cruzamento de Lamas de Prado con López Guntín.

O BNG lembra a necesidade dun plan de actuación para Lamas de Prado