O BNG volve preguntar cando se rematará o soto da Praza de Abastos

IMG_4494
IMG_4494
O BNG volve preguntar cando se rematará o soto da Praza de Abastos

Lugo, 31 de agosto 2018. O BNG volve preguntar ao goberno municipal cando pensa rematar as obras do soto da Praza de Abastos. Esta remodelación, que se levou acabo cons fondos URBAN, quedou sen completarse, malia que xa foi “inaugurada” na primavera do 2017. A concelleira Maite Ferreiro, que xa cuestionou en diversas ocasións a situación de “finalización a medias” das obras da Praza de Abastos volve preguntar ao goberno cando pensa rematar as obras, entendendo que esa si sería unha forma positiva para poñer en valor a instalación “Non é serio dicir que se van gastar 400.000€ nunha cuberta en Quiroga Ballesteros para dinamizar a praza e non ser quen de rematar o soto”. A propia concelleira puxo en evidencia a polémica cuberta da rúa Quiroga Ballesteros, moi cuestionada por diversos sectores e colectivos polo seu impacto sobre as fachadas históricas dos edificios da rúa, polas dificultades de acceso a vehículos de carga e descarga ou de emerxencias, ou polo considerado despilfarro.

 

Dende a organización nacionalista critican que se siga mantendo esa imaxe do recinto, na cal se poden observar as canalizacións e cables á vista sen revestir, paredes e chan con humidade e suciedade, ou os baños nun estado lamentable, entre outras cuestións. Ademais Maite Ferreiro lembrou que nos orzamentos do 2018 ía unha nova partida para levar adiante a finalización do proxecto de renovación da Praza “agora xa non lles vale a escusa de que non teñen partidas económicas cando levan case 6 meses cuns orzamentos aprobados”.

 

O BNG volve preguntar cando se rematará o soto da Praza de Abastos