A ENDOMETRIOSE E A VIOLENCIA MACHISTA CENTRARÁN AS TEMÁTICAS A TRATAR NOS ENCONTROS QUE SE CELEBRARÁN O 25 DE SETEMBRO E O 27 DE NOVEMBRO
O problema da Endometriose foi abordado no ciclo de Charlas Feministas do BNG
Representantes da Asociación QUERENDO – Mulleres con Endometriose, e a Xinecóloga Xubilada, Chus Méndez, foron poñentes neste encontro
Lugo, 25 de setembro de 2018. Reanudouse o ciclo de de Charlas Feministas que o BNG ven programando dende principios do pasado ano en Lugo. A primeira das charlas, celebrada hoxe, levou por título Coñecendo a Endometriose e terá lugar o martes, 25 de setembro de 2018, a partir das 19:30 horas no Salón de actos do Centro Social Uxio Novoneyra. Neste encontro interviron a representante da Asociación QUERENDO – Mulleres con Endometriose, Andrea López, a Xinecóloga Xubilada, Chus Méndez, e Maite Ferreiro Concellería do BNG en Lugo.
Segundo explicou Maite Ferreiro “a endometriose é unha enfermidade hormonodependente e de orixe xinecolóxico, cun retraso medio no diagnóstico de oito anos que afecta en Galiza a máis de 60.000 afectadas”. A tardanza na diagnose é unha das maiores problemáticas para as afectadas.
Do total de afectadas pola endometrioseo quince por cento soporta a forma máis severa. Os profesionais sanitarios carecen dun criterio unificado para clasificar esta afectación. As demandas plantexadas polas afectadas pasan por fomentar a visibilidade da doenza, solucionar o retraso no diagnóstico, ampliar as consultas específicas e crear unidades multidisciplinares para os casos máis graves.
Próxima cita sobre a Xustiza e Violencia Machista
A seguinte charla está prevista para o martes, 27 de novembro de 2018, e versará sobre Xustiza e Violencia Machista. Igual que as anteriores celebrarase a partir das 19:30 horas no Salón de actos do Centro Social Uxio Novoneyra. Neste caso intervirán a Maxistrada do social nº 3, Dalila Dopazo, a Fiscal de Violencia Machista, Pilar Fernández, e pechará o turno de intervencións a edil do BNG en Lugo, Maite Ferreiro.