DENDE O BNG – AA “GUSTARÍANOS QUE O GOBERNO MUNICIPAL ACTUASE COA MESMA DILIXENCIA QUE LLE ESXIE Á CONFEDERACIÓN E QUE NON PRIVE A LUGO, UN ANO MÁIS, DA ZONA DE BAÑO”

“O PSOE nega os informes requiridos pola Hidrográfica e bloquea a zona de Baño proposta polo BNG“

O voceiro do BNG-AA informou “a Confederación reclamou en dúas ocasións informes ao concellos sobre a existencia de alegacións a proposta do BNG e non se contestou”

“O PSOE nega os informes requiridos pola Hidrográfica e bloquea a zona de Baño proposta polo BNG“
Lugo, 3 de abril 2017. O voceiro municipal do BNG – AA, Rubén Arroxo, informou hoxe que o concello de Lugo non deu resposta a dous requirimentos da Confederación Hidrográfica. A Confederación reclamáballe, ao concello de Lugo, informe sobre as alegacións presentadas, no período de información pública, ao proxecto de Zona Pública de Baño presentado polo BNG-AA para a zona de As Saamasas. Arroxo sinalou que “o segundo dos requirimentos enviados dende a Confederación Hidrográfica entrou por rexistro no concello o pasado 17 de marzo e a día de hoxe non se deu resposta”.

Arroxo manifestou a súa sopresa xa que “dende o goberno municipal estáselle esixindo axilidade á Confederación mentres que non se está dando resposta ás reiteradas peticións de informe que se fixeron dende a Hidrográfica sobre a exposición pública do proxecto de zona de baño presentado polo BNG” e, engadiu “gustaríanos que o goberno municipal actuase coa mesma dilixencia que lle esxie á Confederación e que non prive a Lugo, un ano máis, da zona de baño”. O voceiro do BNG-AA anunciou que “este ano Lugo terá zona de baño si ou si, aínda que o goberno volva tentar unha maraña burocrático-administrativa para ocultar a súa ineficacia”.

A Confederación Hidrográfica remitiu dous requirimentos ao Concello de Lugo para que informase sobre a existencia de alegacións a proposta do BNG para a creación dunha zona pública de baño na zona de As Saamasas. O primeiro dos escritos foi remitido pola CH o 5 de decembro de 2016 e, ante a falta de resposta do Concello de Lugo, a Confederación remitiu un segundo requirimento o pasado 17 de marzo de 2017. “O PSOE nega os informes requiridos pola Hidrográfica e bloquea a zona de Baño proposta polo BNG“ dixo Arroxo que lamentou a actitude do goberno socialista.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil requeriu, a medidados de decembro de 2016, a exposición pública do proxecto presentado polo BNG-AA para que, quen o considerase, presentara as alegacións pertinentes. Unha vez superados os 30 días do período de exposición pública, o Concello de Lugo debería emitir un informe, dirixido á CHMS, certificando o resultado da información pública levada a cabo no tablón de anuncios, e dicir, certificando se houbo reclamacións, ou non, durante o plazo fixado. “A día de hoxe este informe non se emitiu a pesares de que xa se reclamou en dúas ocasións dende a Confederación Hidrográfica” afirmou Rubén Arroxo.

“O PSOE nega os informes requiridos pola Hidrográfica e bloquea a zona de Baño proposta polo BNG“