OLALLA RODIL PREGUNTARÁ NO PLENO DO PARLAMENTO GALEGO POLO FEITO DE QUE XOSÉ MANUEL BARREIRO E ELENA CANDIA NEGOCIARAN CO GOBERNO DO ESTADO OS USOS DA RESIDENCIA DE LUGO

O BNG pregunta no Parlamento por que Candia e Barreiro negocian en Madrid o futuro do edificio da Residencia

OLALLA RODIL XUNTA PORTAVOCES1

“O PP volve a confundir os cargos do partido cos dos gobernos e iso sempre resulta mal para as galegas e os galegos” afirmou Rodil

O BNG pregunta no Parlamento por que Candia e Barreiro negocian en Madrid o futuro do edificio da Residencia

Lugo, 3 de abril de 2017. A parlamentaria do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, levará ao Pleno do Parlamento Galego unha serie de preguntas para aclarar as razóns de por que participaron o portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro e a presidenta provincial do PP, Elena Candia, nas xuntanzas co conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez; co secretario de Estadoda Seguridade Social, Tomás Burgos Gallego e co director xeneral da Policía, Germán López Iglesias; e o director xeral da Tesorería de la Seguridad Social, Francisco Gómez Ferreiro para decidir os usos do edificio da antiga Residencia de Lugo.

Para o BNG-AA “non é normal que sexan os cargos orgánicos do PP sexan quen vaia a Madrid a negociar os usos dos edificios que son propiedade da administración”. Rodil lembrou que o presidente da Xunta de Galiza propuxo a comezos do mes de febreiro ao Ministerio do Interior que a nova comisaría de Policía en Lugo se instale nos edificios da antiga Residencia e que  posteriormente, nun encontro entre o Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, a secretaria provincial do PP de Lugo e portavoz do Partido Popular na Deputación, Elena Candia, e o portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, o PP aseguraron, a través dun comunicado emitido polo propio partido, que estaban a avanzar neste obxectivo, que exixe a modificación do uso socio-sanitario para o que foi cedido á Xunta o terreo no que se atopa a vella Residencia.

O BNG defende o uso socio-sanitario deste edificio. Rodil sinalou que “na cidade de Lugo existe actualmente un único Punto de Atención Comunitaria (PAC) situado no Barrio de Fingoi polo que o servizo de urxencias extrahospitalarias só se subministra a través deste centro” e lembrou que “en 2012 a daquela conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, comprometeuse a trasladar o PAC ao Materno despois de efectuar as obras necesarias nas instalacións”.

Na zona norte da cidade existe un único centro de saúde no barrio da Milagrosa. Este centro de saúde atópase absolutamente desbordado, tanto polas súas dimensións físicas,como polas dotación de persoal. A zona norte precisa dun centro de saúde acorde ás súas dimensións poboacionais e un dos lugares idóneos para este centro de saúde sería, xunto co PAC, o edificio da antiga Residencia. Neste senso a parlamentaria por Lugo do BNG preguntará se pensa manter a Xunta o uso sociosanitario dos terreos da Residencia vella alén do edificio no que está prevista a instalación da Comisaría de Policía en Lugo e tamén se ten Pensado o goberno galego, dentro dos usos sociosanitarios, destinar algún espazo do edificio da antiga Residencia a Centro de Saúde.

 

NOTA: Achégase corte de voz e foto

O BNG pregunta no Parlamento por que Candia e Barreiro negocian en Madrid o futuro do edificio da Residencia