O BNG-AA PROPORÁ, NA MESA DE ORDENANZAS FISCAIS, QUE SE FAGAN PÚBLICOS OS INMOBLES DA IGREXA QUE NON PAGAN IBI E O IMPORTE QUE PERDE DE INGRESAR O CONCELLO DE LUGO
“Queremos que se saiba todo o que non paga a igrexa ao concello de Lugo polo IBI” dixo Rubén Arroxo
Arroxo apuntou que “o goberno debe traballar para cobrar o que a igrexa non paga grazas a un acordo do Vaticano coa ditadura e temos que saber a cantos cartos ascende esta débeda con Lugo”
Lugo, 7 de febreiro 2016. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, trasladará unha petición á mesa de elaboración das ordenanzas fiscais, que se reunirá mañá mércores, para que se fagan públicos os datos sobre as propiedades da igrexa que non pagan o IBI (Imposto de Bens Inmobles) no termo municipal de Lugo. “Queremos que se saiba todo o que non paga a igrexa ao concello de Lugo polo IBI” dixo Rubén Arroxo e apuntou que “o goberno debe traballar para cobrar o que a igrexa non paga grazas a un acordo do Vaticano coa ditadura e temos que saber a cantos cartos ascende esta débeda con Lugo”.
Arroxo dixo que “os lucenses deben saber quen paga e quen non” e ironizou “pediremos que se colgue na porta do concello e que se lea no pregón do San Froilán, igual que se fai en moitas parroquias coas cuotas da festa”. O voceiro nacionalista animou ao goberno “a tomar medidas valentes que sirvan para sacarlle as cores e poñer en evidencia a entidades que son auténticas morosas no pago de impostos cando sacan beneficios de negocios moi, moi lucrativos como o aparcadoiro do seminario”.
Para o BNG-AA resulta especialmente grave que a igrexa se ampare na lei de mecenazgo para evitar o pagamento de impostos polos negocios empresariais que posúe e que están en competencia directa con outras iniciativas empresariais que teñen a obriga de tributar. No caso do aparcadoiro do seminario de Lugo a igrexa católica e cristián acóllese a esta lei de mecenazgo para evitar pagarlle ao concello de Lugo o IBI polo negocio de aparcadoiro. No caso do resto dos inmobles é un acordo establecido entre o estado español e o estado vaticano, no ano 1979, o que exime de pagamento aos edificios adicados ao culto, residencia do clero, semanrios, etc...
Propostas para a mesa de ordenanzas fiscais
En relación as propostas presentadas polo BNG-AA para a modificación das ordenanzas fiscias no vindeiro exercicio 2018, Arroxo informou que “manteremos a liña destes anos buscando que pague máis quen máis ten e pedindo bonificacións e exencións para que todas as persoas do concello poidan beneficiarse dos servizos públicos que ofrece este concello, independentemente do seu nivel de económico”.