O BNG-AA PREGUNTARÁ POR QUE NON SE TOMARON MEDIDAS, A TEMPO, PARA GARANTIR O SUBMINISTRO DAS TARXETAS CIDADÁS QUE EMITE O CONCELLO

A falta de planificación do goberno municipal deixa a Lugo sen tarxeta cidadán

IMG_2218
IMG_2218

“Sabíase dende fai tempo que se esgotaban os soportes electrónicos das tarxetas cidadáns pero o goberno agardou a ter outro problema e agora non se están facilitando a quen as solicita” informou Maite Ferreiro

A falta de planificación do goberno municipal deixa a Lugo sen tarxeta cidadán

Lugo, 8 de febreiro 2016. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, anunciou hoxe que presentará unha serie de preguntas para saber por que o concello de Lugo non está a expedir as tarxetas cidadáns a aquelas persoas que as demandan. “Segundo a información que manexamos o concello quedou sen o material do soportes electrónicos que levan a información destas tarxetas e por iso non  pode emitilas” informou a edil do BNG-AA.

Segundo Maite Ferreiro “é unha mostra máis da falta de planificación deste goberno municipal que sabía dende fai tempo que este problema podía xurdir pero, coma sempre, foi deixando pasar ata que chegou o momento no que xa non hai capacidade para emitir tarxetas”. “Neste momento non se están emitindo tarxetas a quen as demanda e, pola información que temos, esta situación prolongarase polo menos un mes” asegurou Ferreiro.

A imposibilidade de emitir tarxetas cidadás afecta a todas as persoas que as utilizan para o pago do bus urbano, e para o resto de servizos municipais que son abonados a través da tarxeta. “Sabíase dende fai tempo que se esgotaban os soportes electrónicos das tarxetas cidadáns pero o goberno agardou a ter outro problema e agora non se están facilitando a quen as solicita” informou Maite Ferreiro. “Veremos como unha vez máis o goberno descargará a responsabilidade nos funcionarios, na burocrácia ou no ministro de facenda pero non asumirán a súa falta de previsión para evitar os problemas antes de que xurdan” concluíu Maite Ferreiro.

A falta de planificación do goberno municipal deixa a Lugo sen tarxeta cidadán