RUBÉN ARROXO E MAITE FERREIRO VISISTARON, XUNTO COS COMISARIOS DO RECINTO FEIRAL DO SAN FROILÁN, A MONTAXE DOS POSTOS

O Recinto Feiral do San Froilán, listo para abrir

IMG_0018 (2)

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visistaron, xunto cos comisarios do Recinto Feiral do San Froilán, a montaxe dos postos

Ferreiro lembrou a importancia que as barracas teñen dentro da gran festa do outono galego "que volve entre o 4 e o 12 de outubro para encher as rúas de Lugo con centos de actividades"

O Recinto Feiral do San Froilán, listo para abrir

 

Lugo, 26 de setembro de 2023. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitaron o Recinto Feiral do San Froilán acompañados dos comisarios responsable para coñecer o estado no que se atopa a instalación dos distintos postos e atraccións. A montaxe permítese dende o pasado día 22 de setembro e os feirantes poderán abrir ata o día 12 de outubro. En total, son 178 postos, entre stands de venta, atraccións e carruseis.

Dende o recinto, Ferreiro lembrou a importancia que as barracas teñen dentro desta "gran festa do outono galego que volve entre o 4 e o 12 de outubro para encher as rúas de Lugo con preto de 200 actividades distintas, máis da metade delas musicais, dando lugar a un programa de festas no que todas as veciñas e veciños de Lugo e persoas visitantes atoparán unha actividade do seu gusto".

O San Froilán contará con actividades de animación en todos os barrios, e con 3 escenarios principais nas prazas Horta do Seminario, Santa María e na Mosqueira, onde participarán artistas recoñecidos a nivel estatal e internacional como Eliades Ochoa, La M.O.D.A, Baiuca ou Rayden, compartindo escenario con grupos locais.

O Recinto Feiral do San Froilán, listo para abrir