A XORNADA PECHOUSE COS CONCERTOS DE MR HATTAWAY E SHICA & GUTMAN

Unha recompilación de 100 textos xornalísticos de Barriga Verde forman o 16º San Froilán dos Devanceiros

Maite Ferreiro presentou, xunto co escritor no Vello Cárcere, esta nova edición da publicación anual das festas do San Froilán

Unha recompilación de 100 textos xornalísticos de Barriga Verde forman o 16º San Froilán dos Devanceiros

Lugo, 08 de outubro de 2019.  A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe o 16º libro da colección San Froilán dos Devanceiros xunto con Xaime Iglesias González. A obra, titulada Barriga Verde na prensa Unha escolma de cen textos é o resultado dun laborioso traballo de investigación que pretende poñer a disposición do público en xeral unha escolma de cen significados textos xornalísticos alusivos a Barriga Verde, sen necesidade de acudir ás hemerotecas espalladas polo país.

 

“Botábase en falta unha publicación que recollese os artigos xornalísticos que se achegaron ao fenómeno social e cultural que significou Barriga Verde”, indicou Maite Ferreiro, que destacou a súa popularidade e a súa importancia para a lingua e cultura do noso país, “máxime nuns tempos en que as carencias eran moitas e a liberdade estaba coutada”. Maite Ferreiro destacou a vixencia de Barriga Verde, e a necesidade de poñelo en valor, defendelo e facelo visíbel, “vendo as protestas nalgunha das últimas representacións recreando a Barriga Verde”.

 

Xaime Iglesias González (Pontevedra, 1946) estudou Maxisterio e Xeografía e Historia e exerceu como profesor en varios colexios e institutos, rematando a súa actividade docente no IES A Xunqueira II de Pontevedra, impartindo clases de Lingua e Literatura Galega.

 

Durante a súa traxectoria profesional foi director por elección do claustro en dous centros educativos e, por concurso de méritos, obtivo dúas licencias especiais. A primeira permitiulle licenciarse en Xeografía e Historia na USC e durante a segunda realizou un traballo de investigación didáctica baixo o título “Coa palabra na boca, suxestións para traballar con refráns na aula”, que está a piques de ver a luz. Tamén foi seleccionado pola Consellería de Educación para a elaboración do traballo “Algúns vulgarismos: proposta didáctica”.

Unha recompilación de 100 textos xornalísticos de Barriga Verde forman o 16º San Froilán dos Devanceiros