MAITE FERREIRO ANUNCIOU QUE DENDE O CONCELLO SE TRASLADARÁN PROPOSTAS EN MATERIA TURÍSTICA AO GOBERNO DO ESTADO

A Concelleira de Turismo agasallou cun libro sobre a historia de Lugo á ministra de Turismo

A Concelleira de Turismo agasallou cun libro sobre a historia de Lugo á ministra de Turismo

Lugo, 08 de outubro de 2019.  A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, agasallou cun libro sobre a historia de Lugo á ministra de Turismo, Reyes Maroto, co gallo da súa visita no día de Hoxe ao Concello de Lugo. Na súa carta, Maite Ferreiro desculpa a súa ausencia á recepción “por ser comunicada con tan só tres horas de antelación”.

 

Maite Ferreiro anunciou que dende o Concello de Lugo “proximamente” se trasladarán propostas ao ministerio de Turismo, “entendendo o apoio que dende o goberno do Estado se quere ofrecer a esta cidade” para que “Lugo reciba o tratamento que merece nesta materia”.

 

O libro agasallado pola edil nacionalista, Lvcvs Avgvsti, a cidade romano-xermánica do finisterre ibérico. Xénese e evolución histórica (14 a. C. – 711 d. C.),  foi escrito polo catedrático en arqueoloxía Antonio Rodríguez Colmenero e editado polo Concello de Lugo en colaboración co Ministerio de Cultura no ano 2011 co gallo do décimo aniversario da inscrición da Muralla como Patrimonio Mundial da UNESCO.

A Concelleira de Turismo agasallou cun libro sobre a historia de Lugo á ministra de Turismo