A ACTUAL COMUNICACIÓN DESESTIMA O RECURSO PRESENTADO NO MES DE XANEIRO E RATIFICA A SANCIÓN ABRINDO A POSIBILIDADE DUN NOVO RECURSO
“Recurriremos a sanción e non imos calar ata que Lugo teña unha zona pública de baño” dixo Arroxo
O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, ven de recibir a unha sanción de 90 euros por instalar un letreiro no entorno das Saamasas
Lugo, 15 de xaneiro 2018. O BNG recurrirá a sanción imposta a Rubén Arroxo, dende a Confederación Hidrográfica, por colocar un cartel na zona das Saamasas reivindicando unha zona pública de baño. Arroxo foi sancionado cunha multa por importe de 90,42 € despois de que “o lider dun partido político local minoritario da dereita” presentara unha denuncia ante Confederación Hidrográfica. O voceiro do BNG xa presentara un recursos ante a sanción imposta e agora voltará a recurrir esta sanción por considerala inxusta. “Unha multa de 90 € no vai impedir que o BNG continúe reclamando unha zona pública de baño para Lugo” afirmou Rubén Arroxo.
O vociero do BNG - AA, Rubén Arroxo, informou de que ven de recibir unha comunicación da Confederación Hidrográfica na que se desestima o primeiro dos recursos presentados e aplica unha sanción de 90,40 euros. O expediente sancionador foi aberto, como consecuencia da denuncia dun particular o día 18/08/2017, pola “ocupación, sen autorización ou concesión administrativa previa de este Organismo de cuenca, do cauce do río Miño mediante un cartel informativo de obras, na zona de As Saamasas”. “Que se nos denuncie por pedir a zona pública de baño demostra que hai intereses para que non se faga” dixo Arroxo e anunciou que presentará alegacións.
Arroxo explicou que o día 28 de xullo o BNG realizou un acto simbólico colocando un pequeno letreiro (tamaño A-3) “simulando un letreiro de obra” para denunciar publicamente a falta de implicación da Deputación de Lugo. No expediente sancionador aberto pola Confederación Hidrográfica xa se explica que “dos datos e informes obrantes no expediente non resulta a existencia de danos ao dominios público hidráulico” que é o feito no que se basea a apertura do expediente pola denuncia feita por un particular.
Naquel momento o BNG-AA instalou un “letreiro de obra” nas Saamasas no lugar onde se tramitaran os permisos pertinentes da Confederación Hidrográfica Miño Sil e da Consellería de Medio Ambiente para a creación dunha zona pública de baño. Neste letreiro apuntábase información sobre o acceso ao río anunciando que o prazo de execución de obra será en canto a Deputación de Lugo o permita. O concelleiro nacionalista criticaba que o PSOE estivera tan empeñado en evitar que a veciñanza de Lugo teña unha zona pública no río onde bañarse, e que despois de 8 anos sen facer nada, e cunha proposta do BNG aprobada en pleno, agora siga boicoteando unha proposta do propio grupo nacionalista. O voceiro do BNG lembrou que o goberno provincial do PSOE non atendera as demandas do grupo que representa “o presidente da Deputación nin tan se queira aceptou recibirnos para falar do tema, tal e como lle pedimos”